Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Mércores, 28 de xaneiro de 2015 Páx. 4256

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 14 de xaneiro de 2015, da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes, polo que se emprazan os interesados nos expedientes de subvención para o fomento das frondosas caducifolias 12320070/2008 e tres máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de seren tentadas sen éxito as notificacións persoais a través do servizo de Correos, notifícanse aos interesados que se sinalan no anexo deste anuncio as resolucións dos procedementos para declarar a perda do dereito ao cobramento das axudas relativas aos expedientes de subvención números 12320070/2008, 12360029/2008, 12360072/2008 e 12360140/2008 (Orde do 30 de xaneiro de 2008, pola que se establecen as bases e se convocan para o ano 2008 as axudas para o fomento das frondosas caducifolias).

Os interesados poderán comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, nas dependencias da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes, situada na rúa San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento do contido íntegro da mencionada resolución e a constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, as notificacións entenderanse producidas desde o día seguinte á data de finalización deste.

Concédeselles aos interesados un prazo dun mes, contado a partir do seguinte á notificación da resolución, no cal poderán interpoñer potestativamente o recurso de reposición perante a conselleira de Medio Rural e do Mar ou directamente o recurso contencioso-administrativo perante ao órgano xurisdicional competente no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da súa notificación, consonte o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren pertinente.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, aos concellos correspondentes ao último enderezo coñecido dos interesados, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2015

Tomás Fernández-Couto Juanas
Secretario xeral de Medio Rural e Montes

ANEXO

Expediente: procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da prima de mantemento do ano 2014 no expediente de subvención núm. 12320070/2008.

Interesado: Eduardo Rodríguez López.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: Bieite, 18 Leiro (Ourense).

Expediente: procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da prima de mantemento do ano 2014 no expediente de subvención núm. 12360029/2008.

Interesado: CMVMC de Xunqueiras.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: Xunqueiras, 1, 36844 Pazos de Borbén (Pontevedra).

Expediente: procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da prima de mantemento do ano 2014 no expediente de subvención núm. 12360072/2008.

Interesado: Pablo Generoso Eiriz Fragoso.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: rúa García Babón, 122, 3º A, 36201 Vigo (Pontevedra).

Expediente: procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da prima de mantemento do ano 2014 no expediente de subvención núm. 12360140/2008.

Interesado: Jaime Valladares Cortizo.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: Ulla, 18, 36680 A Estrada (Pontevedra).