Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Mércores, 28 de xaneiro de 2015 Páx. 4249

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 12 de xaneiro de 2015, da Dirección Xeral de Emprego e Formación, pola que se notifica a resolución do expediente de reintegro de subvención concedida no expediente TR352A 2010/368-0.

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos por resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, por esta cédula notifícaselle á entidade relacionada no anexo a resolución do procedemento de reintegro da subvención concedida mediante Resolución do director xeral de Promoción do Emprego e Formación do 9 de agosto de 2010.

Faise saber que a interesada disporá dun prazo de quince (15) días para que alegue ou presente os documentos que xulgue pertinentes, de acordo co disposto no artigo 77 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Recórdaselles tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta dirección xeral, sita no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, en Santiago de Compostela, e a obter, de ser o caso, copia da resolución, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da mencionada Lei 30/1992.

Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 2015

Ana María Díaz López
Directora xeral de Emprego e Formación

ANEXO

Entidade: Federación Solidarios Anónimos.

Enderezo: Corredoira, 13, 36210 Vigo (Pontevedra).

Nº de expediente: TR352A 2010/368-0.

Data da resolución do expediente de reintegro: 9 de decembro de 2014.

Preceptos incumpridos: artigo 9.2. da Orde do 10 de marzo de 2010 pola que se establecen as bases que regulan, para o exercicio do ano 2010, as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación, no ámbito de colaboración coas entidades locais e cos órganos e organismos das administracións públicas distintas da local, universidades e entidades sen ánimo de lucro e se procede á súa convocatoria; artigo 33.1.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Cantidade que hai que reintegrar: 11.013,30 euros.