De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ao denunciado, cos datos persoais e último domicilio coñecido que no anexo se mencionan, mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia, a proposta de resolución do procedemento administrativo sancionador que se cita por presunta infracción do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, en relación co Regulamento de servizo e policía dos portos, aprobado pola Orde ministerial do 12 de xuño de 1976, por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos.
Para os efectos do disposto no artigo 58 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, notifícaselle ao interesado a posta de manifesto dos documentos existentes no procedemento nas oficinas dos servizos centrais de Portos de Galicia, sitos no Edificio de Área Central; praza de Europa, 5A-6º, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, co fin de que poidan obter copia dos que xulguen convenientes, concedéndolles, así mesmo, un prazo de quince (15) días, contados desde o día seguinte ao da súa publicación, para que formulen alegacións e presenten os documentos e informacións que xulguen pertinentes ante o instrutor.
O órgano competente para a resolución do expediente, de acordo coa tipificación e contía da sanción, e en virtude do disposto no artigo 39.1º a) do Decreto 227/1995, do 20 de xullo (DOG nº 146, do 1 de agosto), é o director do ente público.
O pagamento voluntario porá fin ao expediente. O importe da sanción que en cada caso corresponda farase efectivo en calquera oficina das entidades de depósito colaboradoras (Banco Gallego, Banco Pastor, Banesto, BBVA, BHS e Novagalicia Banco), empregando o modelo de impreso que se facilitará nos servizos centrais de Portos de Galicia e presentándoo en calquera desta entidades bancarias.
Para que conste e lles sirva de notificación, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula.
Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 2015
Jesús Javier Fernández Barro
Xefe de División Xurídica
ANEXO
Expediente Matrícula Denunciante |
Denunciado Último enderezo coñecido |
Feito denunciado Data-hora-porto |
Precepto |
Precepto sancionador |
Sanción proposta |
Sanc. 13-17-14-132 PO-1922-BN Celador do porto |
Luis Framil Barreiro R/ Alexandre Bóveda, 21-1ºB, 36930 Bueu (Pontevedra) |
Estacionamento prohibido. 20.8.2014; 13.07 horas; Bueu (Pontevedra) |
Artigo 306.1.a) do RDL 2/2011, TRLPEMM Artigos 17 e 64 da OM do 12.6.1976 |
Artigo 312 do RDL 2/2011, TRLPEMM |
90,15 € |