Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Martes, 27 de xaneiro de 2015 Páx. 4045

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Estatística

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 2015 pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta entidade no terceiro cuadrimestre de 2014.

De acordo co previsto no artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (DOG núm. 136, do 14 de xullo), onde se establece que os organismos autónomos dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia deberán publicar cuadrimestralmente no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración asinados no cuadrimestre anterior, e en virtude das facultades que teño concedidas,

RESOLVO:

Facer pública a relación de convenios subscritos polo Instituto Galego de Estatística nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro de 2014 que se anexa a esta resolución

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2015

José A. Campo Andión
Director do Instituto Galego de Estatística

ANEXO

Convenio

Data de sinatura

Importe

Convenio de colaboración entre o Instituto Nacional de Estatística, o Instituto Galego de Estatística e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia para a eliminación de duplicidades estatísticas no ámbito do uso das tecnoloxías da información no sector de empresas

19.11.2014

0 €

Convenio de colaboración entre a Universidade de Santiago de Compostela e o Instituto Galego de Estatística para a realización de prácticas de alumnos/as do Máster universitario en planificación e xestión do desenvolvemento territorial e do grao en xeografía e ordenación do territorio da Facultade de Xeografía e Historia

11.12.2014

0 €