Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Martes, 27 de xaneiro de 2015 Páx. 4052

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 16 de xaneiro de 2015 pola que se declara deserto un posto de traballo vacante na Secretaría Xeral para o Deporte convocado para a súa provisión, polo sistema de libre designación, pola Orde do 2 de xuño de 2014 (Diario Oficial de Galicia número 111, do 12 de xuño).

Mediante a Orde do 2 de xuño de 2014 (Diario Oficial de Galicia núm. 111, do 12 de xuño), convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo vacante na Secretaría Xeral para o Deporte que se detalla no anexo desta orde.

De conformidade co establecido no artigo 29.2 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.4 da mesma lei, a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

DISPÓN:

Primeiro. Declarar deserto o posto de traballo que se detalla no anexo desta orde.

Segundo. Contra esta orde, que esgota á vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2015

P.D. (Orde do 12.11.2013; DOG núm. 219, do 15 de novembro)
Valeriano Martínez García
Secretario xeral da Presidencia

ANEXO

Denominación: Servizo de Supervisión de Proxectos e Seguimento de Obras.

Código do posto: PX.401.00.001.15770.020.

Grupo: A1.

Nivel: 28.

Corpo ou escala: especial.

Tipo de posto: S.

Código de adscrición ás administracións públicas: A11 (adscrición indistinta a funcionarios da Xunta de Galicia, Estado e CC.AA.).

Titulación académica: 2001 (arquitectura).

Formación específica: 640 (para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego, R.I.).

Dependencia: Secretaría Xeral para o Deporte.

Localidade: Santiago de Compostela.