Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Martes, 27 de xaneiro de 2015 Páx. 4102

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 13 de xaneiro de 2015, da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes, polo que se notifica a resolución do recurso extraordinario de revisión interposto contra a resolución do recurso de alzada do expediente MON-PO-0034/2013-CSA.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle ao interesado que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do recurso extraordinario de revisión interposto contra a resolución do recurso de alzada do expediente (MON-PO-0034/2013-CSA).

O interesado poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes, Servizo de Xestión Forestal, situadas na rúa San Lázaro, s/n, 1º andar, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución do expediente de referencia, que pon fin á vía administrativa, poderá o interesado interpor recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da última publicación deste anuncio, segundo o disposto no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, á súa elección, ben ante o xulgado contencioso-administrativo en que o interesado teña o seu domicilio ben ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, segundo o disposto nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 2015

Tomás Fernández-Couto Juanas
Secretario xeral de Medio Rural e Montes

ANEXO

Expediente: MON-PO-0034/2013-CSA.

Interesada: Explotaciones Forestales Mos, S.L. (representante Manuel Martínez Barciela).

Acto de notificación: resolución do recurso extraordinario de revisión.

Último enderezo coñecido: avenida de Rebullón, núm. 2, Puxeiros, Mos, Pontevedra.