Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Luns, 26 de xaneiro de 2015 Páx. 3707

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 2014, da Secretaría Xeral de Cultura, pola que se inscribe a Asociación Jacobea de Jaén no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago.

Feitos.

A Asociación Jacobea de Jaén, con domicilio social na rúa Andújar núm. 6-baixo de Jaén, representada por Jacinto Fuentes Mesa, solicitou ser inscrita no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago o día 23 de setembro de 2014.

A solicitude foi presentada segundo o modelo inserido como anexo I do Decreto 45/2001, de refundición da normativa en materia do Camiño de Santiago (DOG núm. 36, do 20 de febreiro), modificado polo Decreto 209/2002, do 13 de xuño (DOG núm. 121, do 25 de xuño), e con ela foi presentada a documentación pertinente segundo o artigo 26 do citado decreto.

Fundamentos de dereito.

É de aplicación especificamente ao procedemento a seguinte normativa:

• Decreto 4/2013, do 10 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

• Decreto 45/2001, do 1 de febreiro, de refundición da normativa en materia do Camiño de Santiago, modificado polo Decreto 209/2002, do 13 de xuño.

O artigo 23 deste último decreto regula que para a súa inscrición no rexistro, as entidades solicitantes deberán ter como finalidade, expresa e prioritariamente reflectida nos seus estatutos, a recuperación, conservación e promoción do Camiño de Santiago, así como a difusión da cultura derivada deste.

O xefe do Servizo de Protección e Fomento da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural emite un informe o día 21 de outubro de 2014 sobre a solicitude, no cal se constata que a Asociación Jacobea de Jaén persegue os obxectivos fixados no decreto.

A solicitude presentada cumpre as normas establecidas no citado Decreto 45/2001, do 1 de febreiro.

Polo anterior,

RESOLVO:

Que a Asociación Jacobea de Jaén quede inscrita no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago co número 206.

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2014

Anxo Manuel Lorenzo Suárez
Secretario xeral de Cultura