Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Luns, 26 de xaneiro de 2015 Páx. 3868

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 2014, da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, pola que se fai pública a formalización da contratación do servizo de dietética para o Hospital Universitario Lucus Augusti de Lugo (expediente AB-EIL1-14-013).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa
do HULA.

c) Número de expediente: AB-EIL1-14-013.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: contratación dun servizo de dietética in situ para o Hospital Universitario Lucus Augusti de Lugo e de asesoramento a distancia aos demais centros hospitalarios que forman parte da EOXI de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos (Hospital da Costa e Hospital Comarcal de Monforte de Lemos).

c) Lote: único.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 85140000-2.

e) Medios de publicación do anuncio de licitación: DOG.

f) Data de publicación do anuncio de licitación: 1 de agosto de 2014 no DOG.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 496.782,72 euros.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 229.992,00 euros.

Importe total: 278.290,32 euros.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 27 de outubro de 2014.

b) Data de formalización do contrato: 28 de novembro de 2014.

c) Contratista: Clece, S.A.

d) Importe ou canon de adxudicación:

Importe neto: 222.835,70 euros.

Importe total: 269.631,20 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: única oferta non excluída e que cumpre todos os requisitos mínimos (para máis información: véxase o perfil do contratante, www.sergas.es).

Lugo, 16 de decembro de 2014

Antonio García Quintáns
Xerente de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos