Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Luns, 26 de xaneiro de 2015 Páx. 3825

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 9 de xaneiro de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se fai pública a formalización de varios contratos administrativos.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, que aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización dos seguintes contratos administrativos:

1. Contratación administrativa da xestión do servizo público para a reserva e ocupación de prazas no servizo de atención residencial terapéutica ocupacional e atención diúrna ocupacional para persoas con discapacidade intelectual nos concellos de Vigo, Gondomar, Nigrán, Mos, Redondela e O Porriño, mediante a modalidade de concerto, polo procedemento aberto e tramitación urxente. Tramitación documentalmente simplificada.

1.1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramitou o expediente: Secretaría Xeral de Política Social.

c) Número de expediente: PA 69/2014.

1.2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: xestión de servizos públicos.

b) Descrición do obxecto: xestión do servizo público para a reserva e ocupación de prazas de atención residencial terapéutica ocupacional e atención diúrna ocupacional para persoas con discapacidade intelectual nos concellos de Vigo, Gondomar, Nigrán, Mos, Redondela e O Porriño.

1.3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

1.4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 306.513,60 €.

1.5. Formalización.

Lote 1: 18 prazas de atención residencial terapéutica ocupacional.

a) Data: 27.11.2014.

b) Contratista: Doral Residencias Xestión Sociosanitaria, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 29.191,56 €.

Lote 2: 55 prazas de atención diúrna ocupacional.

a) Data: 27.11.2014.

b) Contratista: Doral Residencias Xestión Sociosanitaria, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 56.431,19 €.

2. Contratación administrativa, por lotes, da xestión do servizo público para a reserva e ocupación de prazas no servizo de atención residencial para persoas maiores en situación de dependencia en concellos da Comunidade Autónoma galega, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria. Tramitación documentalmente simplificada.

2.1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramitou o expediente: Secretaría Xeral de Política Social.

c) Número de expediente: PA 76/2014.

2.2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: xestión de servizos públicos.

b) Descrición do obxecto: xestión do servizo público para a reserva e ocupación de prazas no servizo de atención residencial para persoas maiores en situación de dependencia en concellos da Comunidade Autónoma galega.

2.3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

2.4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 690.044,15 € (IVE incluído).

2.5. Formalización.

Lote 1: 40 prazas na Coruña.

a) Data: 29.12.2014.

b) Contratista: Instituto Benéfico-Social Pai Rubinos.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 9.400 € (exento de IVE).

Lote 2: Pontevedra. Deserto.

Lote 3: 5 prazas en Oleiros.

a) Data: 29.12.2014.

b) Contratista: Geriatros, S.A.U.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 3.000 € (IVE incluído).

Lote 4: 15 prazas en Boqueixón.

a) Data: 29.12.2014.

b) Contratista: Fundación San Rosendo.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 8.100 € (exento de IVE).

Lote 4: 3 prazas en Teo.

a) Data: 29.12.2014.

b) Contratista: Residencial O Castro, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 750 € (IVE incluído).

Lote 5: Lugo.

a) Data: 29.12.2014.

b) Contratista: Abeiro Gold, S.L.U.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 2.250 € (IVE incluído).

Lote 6: deserto.

Lote 7: 10 prazas en Forcarei.

a) Data: 29.12.2014.

b) Contratista: Fundación San Rosendo.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 2.355.50 € (exento de IVE).

Lote 7: 10 prazas en Vilagarcía de Arousa.

a) Data: 30.12.2014.

b) Contratista: Fundación Asilo Hospitalillo Residencia Divina Pastora.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 910 € (exento de IVE).

Lote 7: 5 prazas en Ribadumia.

a) Data: 29.12.2014.

b) Contratista: Geriatros, S.A.U.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 1.250 € (IVE incluído).

Lote 7: 12 prazas en Pazos de Borbén.

a) Data: 29.12.2014.

b) Contratista: Rapesúa, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 2.745,60 € (IVE incluído).

3. Contratación administrativa, por lotes, da xestión de servizos públicos, na modalidade de concerto, para a reserva e ocupación de prazas no servizo de atención diúrna ocupacional de media estancia para persoas con enfermidade mental nos concellos de Narón, Noia, Santiago de Compostela e Redondela, coas entiades Asociación de Familares e Amigos de Enfermos Mentais Porta Nova, Asociación pro Saúde Mental A Creba, Asociación de Familiares e Amigos de Enfermos Mentais Fonde da Virxe e Asociación de Familiares e Enfermos Mentais Lenda, polo procedemento negociado sen publicidade, por exclusividade. Tramitación documentalmente simplificada.

1.1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramitou o expediente: Secretaría Xeral de Política Social.

c) Número de expediente: PN 79/2014.

1.2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: xestión de servizos públicos.

b) Descrición do obxecto: xestión do servizo público para a reserva e ocupación de prazas no servizo de atención diúrna ocupacional de media estancia para persoas con enfermidade mental nos concellos de Narón, Noia, Santiago de Compostela e Redondela.

1.3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: negociado sen publicidade (exclusividade).

1.4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 96.855 €.

1.5. Formalización.

Lote 1: 8 prazas en Narón.

a) Data: 15.12.2014.

b) Contratista: Asociación de Familiares e Amigos de Enfermos Mentais Porta Nova.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 3.047,70 € (exento de IVE).

Lote 2: 8 prazas en Noia.

a) Data: 15.12.2014.

b) Contratista: Asociación Pro Saúde Mental A Creba.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 3.047,70 € (exento de IVE).

Lote 3: 8 prazas en Santiago de Compostela.

a) Data: 15.12.2014.

b) Contratista: Asociación de Familiares e Amigos de Enfermos Mentais Fonde da Virxe.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 3.047,70 € (exento de IVE).

Lote 4: 9 prazas en Redondela.

a) Data: 15.12.2014.

b) Contratista: Asociación de Familiares e Enfermos Mentais Lenda.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 3.428,66 € (exento de IVE).

4. Contratación administrativa por lotes da xestión de servizos públicos, para a reserva e ocupación de prazas no servizo de atención diúrna ocupacional para persoas con discapacidade intelectual, nos concellos de Boimorto e Silleda, polo procedemento negociado sen publicidade, por exclusividade.

1.1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramitou o expediente: Secretaría Xeral de Política Social.

c) Número de expediente: PN 85/2014.

1.2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: xestión de servizos públicos.

b) Descrición do obxecto: xestión do servizo público para a reserva e ocupación de prazas no servizo de atención diúrna ocupacional para persoas con discapacidade intelectual nos concellos de Boimorto e Silleda.

1.3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: negociado sen publicidade (exclusividade).

1.4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 67.827 €.

1.5. Formalización.

Lote 1: 8 prazas en Boimorto.

a) Data: 29.12.2014.

b) Contratista: Asociación de Persoas con Discapacidade e Apoio á Integración das Comarcas de Arzúa e Melide (Amarai).

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 3.794,64 € (exento de IVE).

Lote 2: 15 prazas en Silleda.

a) Data: 29.12.2014.

b) Contratista: Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami).

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 7.114,95 € (exento de IVE).

5. Contratación administrativa da xestión de servizos públicos para a reserva e ocupación de prazas no servizo de atención diúrna terapéutica para persoas con discapacidade intelectual, nos concellos do Barco de Valdeorras coa Asociación de Familiares de Persoas con Discapacidade Intelectual de Valdeorras (Asfaval), polo procedemento negociado sen publicidade, por exclusividade.

1.1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramitou o expediente: Secretaría Xeral de Política Social.

c) Número de expediente: PN 86/2014.

1.2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: xestión de servizos públicos.

b) Descrición do obxecto: xestión do servizo público para a reserva e ocupación de prazas no servizo de atención diúrna terapéutica para persoas con discapacidade intelectual no concello do Barco de Valdeorras coa Asociación de Familiares de Persoas con Discapacidade Intelectual de Valdeorras (Asfaval).

1.3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: negociado sen publicidade (exclusividade).

1.4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 11.178 €.

1.5. Formalización.

a) Data: 30.12.2014.

b) Contratista: Asociación de Familiares de Persoas con Discapacidade Intelectual de Valdeorras (Asfaval).

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 1.597,05 € (exento de IVE).

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2015

María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar