Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Luns, 26 de xaneiro de 2015 Páx. 3821

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

CÉDULA do 9 de xaneiro de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica o acordo de inicio do procedemento sancionador PO-39/2014 por infraccións en materia de comercio.

Con data do 1 de decembro de 2014, o xefe territorial da Consellería de Economía e Industria resolveu iniciar o expediente sancionador PO-39/2014, incoado contra María Fernanda Grande Santos, titular do establecemento Alimentación Fernanda.

Intentada a notificación do acordo de iniciación do expediente sancionador, de conformidade co disposto no artigo 59.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e ao non ser posible a súa práctica, por medio desta cédula e segundo o disposto no artigo 59.5 da referida lei, notifícaselle á interesada o contido do dito acordo, que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Advírteselle á interesada que, en cumprimento do artigo 16.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, concédeselle un prazo de 15 días para que o instrutor do procedemento achegue cantas alegacións, documentos ou informacións considere convenientes e, de ser o caso, propoñer as probas que considere oportunas, e concretar os medios de que pretenda valerse.

Vigo, 9 de xaneiro de 2015

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: PO-39/2014.

Interesada: Mª Fernanda Grande Santos (DNI 76990438P).

Enderezo: Lorenzo de Carrera, 2, Baiona.

Feitos imputados: unha infracción grave, en materia de comercio.

Preceptos infrinxidos: Lei 13/2006, do 27 de decembro, de horarios comerciais de Galicia (artigo 13.d), e Decreto da Alcaldía de Baiona, do 12.8.2008 (BOP núm. 164, do 26 de agosto).

Instrutor do expediente: Belarmino García Martínez.