Advertido un erro na referida resolución, publicada no DOG núm. 248, do 29 de decembro de 2014, procede facer a seguinte corrección:
– Na páxina 53026, na letra b) do artigo 6.2, onde di:
«b) (…)
A puntuación vén dada por aplicación da seguinte fórmula: (valor engadido medio do sector × 20)/92,66; sendo 92,66 o valor máis alto do valor engadido bruto/ingresos dos distintos sectores de actividade»,
Debe dicir:
«b) (…)
A puntuación vén dada por aplicación da seguinte fórmula: (valor engadido medio do sector × 40)/92,66, sendo 92,66 o valor máis alto do valor engadido bruto/ingresos dos distintos sectores de actividade».