Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Venres, 23 de xaneiro de 2015 Páx. 3669

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 9 de xaneiro de 2015, da Secretaría Xeral do Mar, polo que se notifica a resolución pola que se desestima un recurso de alzada interposto contra o documento de revisión dos parques de cultivo do Carril.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido e ao non ser posible a súa práctica, notifícase a Ramón Búa Lorenzo a Resolución desta consellería do 27 de novembro de 2014, pola que se desestima o recurso de alzada interposto contra o documento de revisión dos parques de cultivo do Carril, publicado por Resolución do 26 de decembro de 1995 (DOG núm. 9, do 12 de xaneiro de 1996).

O interesado poderá comparecer nas oficinas da Secretaría Xeral do Mar da Consellería do Medio Rural e do Mar (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución referida, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado competente da dita orde xurisdicional no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, á súa elección, ben ante o xulgado do contencioso-administrativo en que o interesado teña o seu domicilio, ben ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, segundo o disposto nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2015

Juan Carlos Maneiro Cadillo
Secretario xeral do Mar