Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Xoves, 22 de xaneiro de 2015 Páx. 3425

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 2015 pola que se modifica a Resolución do 8 de xaneiro de 2015 pola que se anuncia a licitación para a contratación, suxeita a regulación harmonizada, do servizo da organización do I Encontro Mundial en Galicia de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago, licitado polo procedemento aberto, con pluralidade de criterios e mediante tramitación anticipada.

Advertido erro na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 10, do 16 de xaneiro de 2015, cómpre realizar a oportuna corrección:

No número 8, Presentación de ofertas, onde di: «Data límite de presentación: o décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia»; debe dicir: «Data límite de presentación de propostas: 16 de febreiro de 2015».

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2015

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia