Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Xoves, 22 de xaneiro de 2015 Páx. 3429

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 9 de xaneiro de 2015, da Área Provincial de Turismo de Ourense, pola que se notifica a incoación do expediente sancionador OU-S-90/2014, por infracción en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de decembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 14 de xaneiro) notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona a incoación do expediente sancionador OU-S-90/2014, xa que, intentada polos medios habituais, non puido practicarse.

Dispón dun prazo de quince días para presentar, ante a instrutora do procedemento, alegacións, documentos e informacións que considere convintes, así como propoñer que se practiquen os medios de proba de que pretenda valerse.

Expediente: OU-S-90/2014.

Titular sancionado: El Rancho, S.C.

Establecemento: El Rancho.

Domicilio: estrada Verín-Feces, km 10.2.

Localidade: Verín.

Incoación: 5 de decembro de 2014.

Precepto infrinxido: artigo 109.2.a) e 109.2.b) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, de turismo de Galicia.

Ourense, 9 de xaneiro de 2015

Antonio Aguarón Turrientes
Xefe da Área Provincial de Turismo