Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Xoves, 22 de xaneiro de 2015 Páx. 3412

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 8 de xaneiro de 2015 pola que se fai pública a formalización do contrato das obras de mellora da eficiencia enerxética das instalacións e de mellora funcional do Complexo de Menores de Montealegre (Ourense), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013. Contratación documentalmente simplificada.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica-Servizo de Obras.

c) Número de expediente: 77/2014.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=20743

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: obras.

b) Descrición do obxecto: obras de mellora da eficiencia enerxética das instalacións e de mellora funcional do Complexo de Menores de Montealegre (Ourense).

(CPA: 41.00.3), (CPV: 45000000-7).

c) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 147, do 5 de agosto de 2014.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación. Importe neto: 612.281,83 €. IVE: 128.579,18 €. Importe total: 740.861,01 €.

Esta contratación está cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, nun 80 % (eixe 6, tema prioritario 79, medida 6.79) e nun 20 % con Fondos de Compensación Interterritorial (FCI).

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 18 de novembro de 2014.

b) Data de formalización do contrato: 1 de decembro de 2014.

b) Contratista: Abeconsa, S.L.U.

c) Importe de adxudicación. Importe neto: 489.519,32 € (sen IVE).

Santiago de Compostela, 8 de xaneiro de 2015

P.D. (Artigo 1 da Orde do 19.8.2009)
Mª Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar