Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Xoves, 22 de xaneiro de 2015 Páx. 3403

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 17 de decembro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia nos expedientes en materia de residuos CO-RES-2011-0076 e catro máis.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo xefe territorial e pola instrutora.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, Edificio Administrativo Monelos, 5º andar, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 17 de decembro de 2014

José Antonio Álvarez Vidal
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: CO-RES-2011-0076.

Interesados: Marcelino López Alonso e Ana Rosa López Gago.

Acto notificado: 2ª imposición de multa coercitiva do expediente sancionador.

Expediente: CO-RES-2014-0068.

Interesado: Dan Nicolae Plesca.

Acto notificado: proposta de resolución do expediente sancionador.

Expediente: CO-RES-2013-0126.

Interesado: Marcelo Ramírez Barrull.

Acto notificado: apercibimento de imposición de multa coercitiva do expediente sancionador.

Expediente: CO-RES-2013-0133.

Interesado: Transportes Javier García Santos.

Acto notificado: apercibimento de imposición de multa coercitiva do expediente sancionador.

Expediente: CO-RES-2013-0140.

Interesado: Clemente Fernández Caamaño.

Acto notificado: apercibimento de imposición de multa coercitiva do expediente sancionador.