Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Xoves, 22 de xaneiro de 2015 Páx. 3374

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 9 de xaneiro de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos por esta consellería e polo Servizo Galego de Saúde no terceiro cuadrimestre do ano 2014.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega (DOG nº 136, do 14 de xuño) impón a cada Consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para cumprir esa obriga, por medio da presente resolución dáselle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Sanidade e polo Servizo Galego de Saúde nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro de 2014, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2015

Josefina Monteagudo Romero
Secretaria xeral técnica da Consellería de Sanidade

ANEXO

Convenio

Importe

Data da sinatura

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Residencia Alvi-Beade, S.L., para a organización da prestación farmacéutica na residencia xeriátrica Alvi-Beade

Sen achega económica

25.8.2014

Addenda de prórroga ao convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a fundación Dialnet da Universidade da Rioxa, asinado o 19 de xuño de 2012

Sen achega económica

19.6.2014

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde con Aspanas Termal para a cesión dun local no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras) para o arranxo de camas do servizo de préstamo a familias

Sen achega económica

10.7.2014

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e Roche Farma, S.A. para a realización do curso en liña El dolor de los pacientes

Sen achega económica

2.7.2014

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde (Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras) e a fundación benéfica Nosa Señora de Fátima

Sen achega económica

9.6.2014

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para a prestación de asistencia sanitaria aos menores do Instituto Arxentino Galego Santiago Apóstol en visita de estudos na Comunidade Autónoma de Galicia

Sen achega económica

3.9.2014

Convenio marco de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o laboratorio Novartis Farmacéutica, S.A. para a promoción da investigación e a formación científica orientadas á mellora da atención sanitaria

Sen achega económica

30.9.2014

Convenio de colaboración entre o Instituto de Saúde Carlos III e a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia para o desenvolvemento de actividades de avaliación de tecnoloxías sanitarias e prestacións do SNS

Sen achega económica

23.9.2014

Convenio de colaboración de actuación conxunta entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Profesor Novoa Santos para o desenvolvemento do subprograma IS-13 transferencia e difusión de resultados, incluído no proxecto Innovasaúde, cofinanciado nun 80 % con fondos Feder, fondo tecnolóxico 2007-2013, eixe 1, tema prioritario 03

506.603,00 €

12.9.2014

Convenio de colaboración de actuación conxunta entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Ramón Domínguez para o desenvolvemento do subprograma IS-13 transferencia e difusión de resultados, incluído no proxecto Innovasaúde, cofinanciado nun 80 % con fondos Feder, fondo tecnolóxico 2007-2013, eixe 1, tema prioritario 03

768.129,08 €

12.9.2014

Convenio de colaboración de actuación conxunta entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Biomédica para o desenvolvemento do subprograma IS-13 transferencia e difusión de resultados, incluído no proxecto Innovasaúde, cofinanciado nun 80 % con fondos Feder, fondo tecnolóxico 2007-2013, eixe 1, tema prioritario 03

121.060,50 €

12.9.2014

Convenio específico para o ano 2014 do protocolo xeral de colaboración subscrito o 1 de setembro de 1999 entre o Ministerio do Interior (Delegación do Goberno para o Plan nacional sobre drogas) e a Comunidade Autónoma de Galicia

485.000,00 €

9.9.2014

Protocolo de cooperación entre a Consellería de Sanidade e o Concello da Coruña en que se establecen as bases para o estudo de viabilidade de novos usos sanitarios dun recinto de titularidade municipal

Sen achega económica

15.10.2014

Convenio trilateral de colaboración entre o Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia e a entidade pública
RED.ES para o desenvolvemento de programas de saúde e benestar social da axenda dixital para España no ámbito do Sistema nacional de saúde

Sen achega económica

13.11.2014

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Irmáns Prieto Asilo de Anciáns O Carballiño para a organización da prestación farmacéutica na Residencia Irmáns Prieto

Sen achega económica

6.11.2014

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización de prácticas dos alumnos/alumnas do máster universitario en Saúde Pública e para a colaboración coa Unidade Docente de Medicina Preventiva e Saúde Pública de Galicia

Sen achega económica

2.10.2014

Convenio marco de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o laboratorio Astellas para a promoción da investigación e a formación científica orientadas a mellora da atención sanitaria

Sen achega económica

19.11.2014

Convenio marco de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o laboratorio Sanofi, para promover actuacións nos ámbitos de investigación e a formación científica orientadas para a mellora da atención á cronicidade

Sen achega económica

14.11.2014

Segunda addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria (FEGAS) para o ano 2014

202.247,27 €

18.11.2014

Convenio de cooperación entre a Consellería de Sanidade e a Universidade de Santiago de Compostela para o asesoramento científico técnico na adaptación, intervención e seguimento audiolóxico-protésico de calidade para o Programa galego de detección da xordeira en período neonatal

363.000,00 €

3.12.2014

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), para a realización de programas de atención e protección da saúde

3.979.799,92 € (plurianual)

3.12.2014

Convenio entre a Consellería de Sanidade e a Fundación Profesor Novoa Santos para a realización de actividades de avaliación de tecnoloxías no marco da Rede española de avaliación de tecnoloxías e prestacións do Sistema nacional de saúde

550.000,00 €

3.12.2014