Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Mércores, 21 de xaneiro de 2015 Páx. 3300

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable

RESOLUCIÓN do 7 de xaneiro de 2015 pola que se anuncia a formalización do servizo para a evolución dos contornos web da Axencia Tributaria de Galicia, da Consellería de Facenda e das entidades dela dependentes, mediante tramitación documentalmente simplificada.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (Cixtec).

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Xestión Económica e Réxime Interno do Cixtec.

c) Número de expediente: 2014-026.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.cixtec.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo para a evolución dos contornos web da Axencia Tributaria de Galicia, da Consellería de Facenda e das entidades dela dependentes, mediante tramitación documentalmente simplificada.

c) CPV: 72212220-7.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: 15.10.2014.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 140.000 €.

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 140.000 €.

b) Importe total: 169.400 €.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 23.12.2014.

b) Data de formalización do contrato: 23.12.2014.

c) Contratista: Indra Sistemas, S.A.

d) Importe ou canon de adxudicación: importe neto: 128.800 euros. Importe total: 155.848 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta máis vantaxosa unha vez aplicados os criterios de valoración recollidos no prego.

Santiago de Compostela, 7 de xaneiro de 2015

M. Mauro Fernández Dabouza
Director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria,
Económico-Financeira e Contable