Intentada a notificación destes acordos segundo o disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselles aos interesados o contido das resolucións que figuran como anexo para que poidan ter coñecemento delas.
Así mesmo, fáiselles saber o dereito que os asiste para interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, ante a Sala do Contencioso- Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, así como, con anterioridade e con carácter potestativo, poderán interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Lémbraselles tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rolda da Muralla, nº 70-baixo, Lugo, e a obter, se é o caso, copia deste acordo, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
Lugo, 26 de decembro de 2014
Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo
ANEXO
Nº de expediente: TR341D 2010/913-2.
Nome: Griseida Poueriet Guerrero.
DNI/NIF: X7443958P.
Axuda: axuda polo establecemento como traballador/a autónomo/a ou por conta propia.
Último enderezo coñecido: rúa Profesor Otero Pedrayo, 38, 2º B, 27003 Lugo.
Feito imputado: non realizar a actividade que fundamente a concesión da subvención durante un tempo mínimo de tres anos.
Precepto infrinxido: artigo 17, letra a), da orde de convocatoria.
Contido da resolución: acordo da procedencia de reintegro da axuda.
Nº de expediente: TR341D 2010/915-2.
Nome: Griseida Poueriet Guerrero.
DNI/NIF: X7443958P.
Axuda: axuda excepcional.
Último enderezo coñecido: rúa Profesor Otero Pedrayo, 38, 2º B, 27003 Lugo.
Feito imputado: non realizar a actividade que fundamente a concesión da subvención durante un tempo mínimo de tres anos.
Precepto infrinxido: artigo 17, letra a), da orde de convocatoria.
Contido da resolución: acordo da procedencia de reintegro da axuda.
Nº de expediente: TR341D 2010/916-2.
Nome: Griseida Poueriet Guerrero.
DNI/NIF: X7443958P.
Axuda: subvención pola primeira contratación indefinida dunha persoa desempregada realizada durante o primeiro ano de actividade.
Último enderezo coñecido: rúa Profesor Otero Pedrayo, 38, 2º B, 27003 Lugo.
Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo a persoa traballadora contratada por un período mínimo de dous anos.
Precepto infrinxido: artigo 17, punto 2, da orde de convocatoria.
Contido da resolución: acordo da procedencia de reintegro da axuda.