Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Mércores, 21 de xaneiro de 2015 Páx. 3267

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 19 de decembro de 2014, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai pública a memoria ambiental correspondente ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica do proxecto sectorial 02_14 de infraestruturas de telecomunicacións de nova implantación xestionadas por Retegal.

Faise pública a Resolución do 19 de decembro de 2014 pola que se formula a memoria ambiental correspondente ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica do proxecto sectorial 02_14 de infraestruturas de telecomunicacións de nova implantación xestionadas por Retegal, en cumprimento do disposto na dita resolución.

O proceso de avaliación ambiental estratéxica previsto na Lei 9/2006, do 28 de abril, sobre avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente, está integrado no procedemento de aprobación dos instrumentos de ordenación do territorio segundo o disposto no artigo 7 da Lei 6/2007, do 11 de maio, de medidas urxentes en materia de ordenación do territorio e do litoral de Galicia.

A memoria ambiental pódese consultar no seguinte enderezo da internet:

http://www.cmati.xunta.es/busca-por-palabra-clave, introducindo o código: 1624/2014

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2014

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental