Con data do 11 de decembro de 2014, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Lugo ditou acordo de inicio do expediente sancionador 2014175TA-LU, incoado a Víctor Manuel Folgueira Barrera.
Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula e ao abeiro do disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a Víctor Manuel Folgueira Barrera o contido do referido acordo que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.
Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación da presente cédula, e lembráselle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita na rúa Montevideo, nº 9, de Lugo, e a obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
Advírteselle tamén que de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio poderá ser considerado proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do citado regulamento.
Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento co disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.
Lugo, 19 de decembro de 2014
Patricia Daporta Padín
Xefa territorial de Lugo
ANEXO
Nº de expediente: 2014175TA-LU.
Denunciado: Víctor Manuel Folgueira Barrera.
DNI: 33349451.
Último enderezo coñecido: avenida Terra Chá, 81, Castro Ribeiras de Lea, 27250 Castro de Rei.
Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.
Preceptos presuntamente infrinxidos: artigos 7.u) e 19.2.a) da Lei 28/2005, do 26 de decembro, modificada pola Lei 42/2010, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, subministración, consumo e a publicidade dos produtos do tabaco.
Tipificación provisional: leve.
Sanción proposta: trinta euros (30,00 €).