Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Martes, 20 de xaneiro de 2015 Páx. 2917

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2014 pola que se acorda a publicación do orzamento para o exercicio do ano 2015.

O Consello Social da Universidade de Vigo, na reunión que tivo lugar o día 24 de decembro de 2014, e de conformidade co disposto no artigo 14.2 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro (modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril), acordou a aprobación do orzamento desta universidade para o exercicio do ano 2015.

Esta reitoría, consonte o disposto no artigo 81.2 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades (modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril), resolve publicar o dito orzamento segundo o detalle anexo.

Vigo, 30 de decembro de 2014

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO
Clasificación económica

INGRESOS

2015

Capítulo III. Taxas, prezos públicos e outros ingresos

16.146.500 €

Capítulo IV. Transferencias correntes

111.467.500 €

Capítulo V. Ingresos patrimoniais

341.000 €

Capítulo VII. Transferencias de capital

20.193.000 €

Capítulo VIII. Variación de activos financeiros

17.055.557 €

Capítulo IX. Variación de pasivos financeiros

- €

Total orzamento de ingresos:

165.203.557 €

GASTOS

2015

Capítulo I. Gastos de persoal

89.190.380 €

Cap. II. Gastos correntes en bens e servizos

31.238.015 €

Capítulo III. Gastos financeiros

375.000 €

Capítulo IV. Transferencias correntes

5.943.850 €

Capítulo V. Fondo de continxencia

360.000 €

Capítulo VI. Investimentos reais

34.686.312 €

Capítulo VIII. Activos financeiros

160.000 €

Capítulo IX. Pasivos financeiros

3.250.000 €

Total orzamento de gastos:

165.203.557 €