Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Martes, 20 de xaneiro de 2015 Páx. 3050

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A.

ANUNCIO polo que se convoca licitación pública para a venda do aceiro residual procedente dos residuos urbanos procesados na planta de reciclaxe, tratamento e elaboración de combustible do Complexo Ambiental de Cerceda (expediente 0001/2015).

Obxecto: licitación pública para a venda do aceiro residual procedente dos residuos urbanos procesados na planta de reciclaxe, tratamento e elaboración de combustible do Complexo Ambiental de Cerceda (expediente 0001/2015).

Data límite para a presentación das ofertas: 4 de febreiro de 2015, ás 13.00 horas.

Data de apertura do sobre B: 13 de febreiro de 2015, ás 11.00 horas.

O prego do concurso poderá retirarse a partir desta data:

En www.sogama.es, na epígrafe Perfil do contratante.

Nas oficinas da sociedade en Morzós, nº 10, As Encrobas, Cerceda, 15187 A Coruña.

A entrega das ofertas realizarase no seguinte enderezo: Sogama, S.A., Morzós, nº 10 (As Encrobas), 15187 Cerceda (A Coruña), teléfono: 981 69 85 00.

O custo dos anuncios será por conta do adxudicatario.

Cerceda, 13 de xaneiro de 2015

Luis Lamas Novo
Presidente da Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A.