Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Martes, 20 de xaneiro de 2015 Páx. 2990

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Tributaria de Galicia

ANUNCIO do 16 de decembro de 2014 polo que se relacionan resolucións de recursos de reposición pendentes de notificar e se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia (Naranjo Morodo, Enrique Cayetano e catro máis).

De conformidade co disposto no artigo 112 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, relaciónanse resolucións de recursos de reposición pendentes de notificar, logo de intentada a notificación persoal, e emprázanse os interesados que figuran no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos foron adoptados pola Axencia Tributaria de Galicia en aplicación do Real decreto 520/2005, do 13 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de desenvolvemento da Lei 58/2003, xeral tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de quince (15) días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, perante o Departamento Central de Recadación da Axencia Tributaria de Galicia, con enderezo na rúa A Pastoriza, 8-4º, 15781, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2014

Ulpiano L. Villanueva Rodríguez
Director da Axencia Tributaria de Galicia

ANEXO

Interesado/a

CIF

Enderezo

Procedemento

Naranjo Morodo, Enrique Cayetano

47363143W

Rúa Robaleira, 24

15630 Miño

(A Coruña)

Resolución recurso de reposición contra providencia de constrinximento

Rodríguez García, Andrés

45907714J

Praza de Galicia, 1

27560 Monterroso

(Lugo)

Resolución recurso de reposición contra providencia de constrinximento

Atlántica de Negocios Medioambiental, S.L.

B27351766

Rúa Benigno Quiroga, 34, baixo

A Pobra de San Xiao

37360 Láncara (Lugo)

Resolución recurso de reposición contra providencia de constrinximento

Fernández García, Antonio

52930024D

Rúa Galicia-Palmeira, 17

15950 Ribeira (A Coruña)

Resolución recurso de reposición contra providencia de constrinximento

Villarino Sánchez, Guillermo Ángel

33317372D

Rúa do Concello, 8, 2º D

27004 Lugo

Resolución recurso de reposición contra acordo de aprazamento fraccionamento