Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Martes, 20 de xaneiro de 2015 Páx. 3023

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Tributaria de Galicia

ANUNCIO do 9 de xaneiro de 2015, da Zona de Recadación da Coruña, polo que se dá a coñecer a realización dunha poxa pública de bens e dereitos.

De conformidade co Acordo da Axencia Tributaria de Galicia do 26 de decembro de 2014, infórmase que o día 26 de febreiro de 2015, ás 10.00 horas, no salón de actos da Delegación da Axencia Tributaria de Galicia na Coruña (sita na praza de Pontevedra, 22) terá lugar a poxa pública dos bens/dereitos que se describen a seguir:

Lote

Descrición

Valoración

Cargas

Tipo 1

Tramos

1

Vehículo Chizalosa Chag125 bastidor VS9AGN1253H056711, matrícula R5471BBV.

6.400,00

0,00

6.400,00

50

2

100 % do pleno dominio para a súa sociedade de gananciais por título de achega da casa número 161 da rúa Vista Alegre, na cidade de Santiago de Compostela, composta de andar de semisoto, dedicado a almacén; andar baixo e primeiro, estes dous últimos a vivenda, ocupando a superficie construída por andar de 33 m2, que en conxunto suman 99 m2. Ten adxunto un terreo sen edificar dedicado a patio. Casa e terreo forman un só predio que ocupa a extensión superficial de 212 m2. Predio 40706 Rexistro da Propiedade de Santiago nº 2.

83.019,76

25.777,00

57.242,76

100

3

Predio rústico, chamado Amoureira, no lugar de Piadela, concello de Betanzos. É o labradío nº 536 de concentración parcelaria e o predio nº 17849 do Rexistro da Propiedade de Betanzos. Ten unha superficie de 4,80 áreas.

2.145,60

0,00

2.145,60

100

4

Predio rústico, chamado Amoureira, na parroquia de Piadela, concello de Betanzos, resto da nº 537 de concentración parcelaria, dunha superficie de 1.718 metros cadrados. É o predio 17850 do Rexistro da Propiedade de Betanzos.

7.215,60

0,00

7.215,60

100

5

Metade do pleno dominio do predio urbano coñecido como Pazo de Ribera, sito na parroquia de San Pedro de Quembre, concello de Carral, composta de casa residencial, capela, leñeira e lavadoiro baixo cuberto con xardín, horta e soto, cunha superficie total de catorce mil setecentos cincuenta e tres metros cadrados. Predio 5933 do Rexistro da Propiedade nº 5 da Coruña, adquirida por legado outorgado por medio de testamento do 6 de abril de 2001 diante do notario Ramón González Gómez, por Adela Fernández Gago Martínez, finada o 27 de febreiro de 2006.

166.422,70

80.184,00

86.238,70

100

6

100 % do pleno dominio por título de achega social da praza de garaxe número 1 sita no andar de soto do edificio na rúa San Xosé, s/n, Edificio María Castelerio Fariña, no concello de Ares. Dunha superficie útil de 12,5 m2. Predio 10810/13 Rexistro da Propiedade de Pontedeume.

7.069,75

0,00

7.069,75

100

7

100 % do pleno dominio por título de achega social da praza de garaxe número 6 sita no andar de soto do edificio na rúa San Xosé, s/n, Edificio María Casteleiro Fariña, no concello de Ares. Dunha superficie útil de 12 m2. Predio nº 10810/14 Rexistro da Propiedade de Pontedeume.

6.786,96

0,00

6.786,96

100

8

100 % do pleno dominio por título de achega á sociedade conxugal da praza de garaxe de moto número 1 sita no andar de soto do edificio na rúa San Xosé, s/n, edificio María Casteleiro Fariña, no concello de Ares. Dunha superficie útil de 2,5 m2. Predio 10810/15 Rexistro da Propiedade de Pontedeume.

1.413,95

0,00

1.413,95

100

9

100 % do pleno dominio por título de compravenda do local destinado a garaxe sito no andar de soto -2, identificado co número 1, dun edificio sinalado co número 22, con frente á rúa Concepción Arenal, no lugar de Santa Cruz, parroquia de Liáns, concello de Oleiros. Ten unha superficie útil de 9,90 m2. Predio nº 37852 Rexistro da Propiedade da Coruña nº 3.

8.100,00

0,00

8.100,00

100

10

Pleno dominio do predio rústico, piñeiral madeirable, sito no polígono 158, parcela 525, no lugar de Petón, no concello da Laracha. Dunha superficie de 1.412 metros cadrados. Linda ao norte co predio propiedade de Amadeo Rodríguez Pampín; ao sur co predio propiedade de Marcelino Esmorís Vidal; ao leste co predio propiedade de Amadeo Rodríguez Pampín e ao oeste co predio propiedade de Josefa Lista Varela predio de catastro número 15042A158005250000RI.

1.482,60

0,00

1.482,60

100

11

100 % do pleno dominio por título de adxudicación por disolución de comunidade e obra nova da vivenda unifamiliar sita no lugar de Cantoña, no lugar de Bustelo, parroquia de Santa María de Luou, concello de Teo. Composta de andar baixo de 184,12 m2 con porches de 44,39 m2, e andar alto de 44,74 m2. Ocupa un soar de 228,51 m2. Predio nº 21353 Rexistro da Propiedade de Padrón.

171.791,00

166.931,00

4.860,00

100

12

Vehículo Audi A3 bastidor WAUZZZ8P08A190940, matrícula 5410GJJ.

8.580,00

0,00

8.580,00

50

15

Vehículo Volkswagen Golf 1.9 TDI bastidor WVWZZZ1JZ1W571190, matrícula 1625DNZ.

1.710,00

0,00

1.710,00

50

19

Embarcación Quicksilver 640 Pilothouse bastidor PLBALAS199B606, matrícula 7ªFE-4-24-2006.

9.600,00

0,00

9.600,00

50

20

Vehículo Renault R. Master bastidor VF1FDCCM523515277, matrícula 5776BCW.

1.750,00

0,00

1.750,00

50

21

Vehículo Citroën Berlingo bastidor VF7MBWJYB65828757, matrícula 8722BWY.

2.000,00

0,00

2.000,00

50

22

100 % do pleno dominio por título de permuta da vivenda no andar baixo da casa letra B, da rúa de Hércules, na cidade da Coruña. Ocupa unha superficie cuberta de 77 m2. Predio 15500 Rexistro da Propiedade da Coruña nº 4.

40.602,65

0,00

40.602,65

100

23

100 % do pleno dominio por título de permuta do piso cuarto ou ático, da casa sinalada coa letra B, da rúa Hércules, na cidade da Coruña. Ocupa unha superficie de 70 m2. Predio nº 7570 Rexistro da Propiedade da Coruña nº 4.

41.340,88

0,00

41.340,88

100

24

100 % do pleno dominio por título de propiedade horizontal da praza de garaxe nº 8, sita no andar de soto -2 dun edificio sito na praza da Constitución, nº 5, no concello de Fene. Dunha superficie útil de 10,86 m2. Predio 16447 Rexistro da Propiedade de Pontedeume.

7.411,75

0,00

7.411,75

100

25

100 % do pleno dominio por título de propiedade horizontal do rocho sinalado coa letra B, sito no andar baixo cuberta dun edificio sito na praza da Constitución, nº 5, no concello de Fene. Superficie útil de 65,7 m2. Predio nº 1647 Rexistro da Propiedade de Pontedeume.

29.514,40

0,00

29.514,40

100

26

100 % do pleno dominio por título de propiedade horizontal da praza de garaxe nº 45 sita no andar de soto dun edificio na rúa Doutor Francisco Sixto Malvar, s/n, no concello de Fene. Dunha superficie útil de 11,04 m2. Predio 16427 Rexistro da Propiedade de Pontedeume.

12.000,00

0,00

12.000,00

100

27

100 % do pleno dominio por título de propiedade horizontal da praza de garaxe nº 42 no andar de soto dun edificio sito na rúa Doutor Francisco Sixto Malvar, s/n, no concello de Fene. Dunha superficie útil de 10,43 m2. Predio 16426 Rexistro da Propiedade de Pontedeume.

12.000,00

0,00

12.000,00

100

28

100 % do pleno dominio por título de propiedade horizontal da praza de garaxe nº 27 no andar de soto dun edificio sito na rúa Doutor Francisco Sixto Malvar, s/n, no concello de Fene. Dunha superficie útil de 10,54 m2. Predio 16422 Rexistro da Propiedade de Pontedeume.

12.000,00

0,00

12.000,00

100

29

100 % do pleno dominio por título de propiedade horizontal da praza de garaxe nº 26 con acceso para vehículos desde a rúa a través dunha rampla con entrada desde a rúa Doctor Francisco Sixto Malvar, no concello de Fene. Superficie útil: 10,54 m2. Predio nº 16421 Rexistro da Propiedade de Pontedeume.

12.000,00

0,00

12.000,00

100

30

100 % do pleno dominio por título de propiedade horizontal da praza de garaxe nº 18 con acceso para vehículos desde a rúa a través dunha rampla con entrada desde a rúa Doctor Francisco Sixto Malvar, no concello de Fene. Superficie útil: 13,4 m2. Predio nº 16418 Rexistro da Propiedade de Pontedeume.

12.000,00

0,00

12.000,00

100

31

100 % do pleno dominio por título de propiedade horizontal do rocho sinalado coa letra C, no andar baixo cuberta dun edificio sito na praza da Constitución, nº 5, no concello de Fene. Dunha superficie útil de 35,5 m2. Predio nº 16472 Rexistro da Propiedade de Pontedeume.

16.076,48

0,00

16.076,48

100

32

Pleno dominio con carácter privativo por título de herdanza do predio rústico, labradío e prado de nome Bouza sito en Carcacía-Rumille, concello de Padrón, na provincia da Coruña, dunha superficie de 3.696 metros cadrados. Rexistro da Propiedade de Padrón, número de predio 10400, tomo 497, libro 113, folio 160, alta 2.

9.005,92

4.777,00

4.228,92

100

33

Pleno dominio con carácter ganancial da casa sita no lugar de Casal, parroquia de Carcacía, concello de Padrón, que consta de andar baixo, destinado a rocho, e alta a vivenda, cunha superficie construída cada unha de 125 m2. Ten como anexo o resto do terreo sen edificar destinado a horta e outros usos, formando un conxunto de 4 áreas e 98 centiáreas. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón, número de predio 24780, tomo 850, libro 187, folio 15, alta 1. Referencia catastral 1736708NH3313N0001OY.

54.338,88

45.864,00

8.474,88

100

34

Pleno dominio con carácter privativo por título de herdanza do predio rústico, prado, labradío e monte de nome Bouza sita en Carcacía-Rumille, municipio de Padrón, na provincia da Coruña, dunha superficie de 5.245 metros cadrados. Rexistro da Propiedade de Padrón, número de predio 10402, tomo 497, libro 113, folio 161, alta 2.

8.330,20

4.777,00

3.553,20

100

35

Dereitos hereditarios sobre o predio destinado a matogueira sito no lugar Monte do Hans, no concello da Coruña. Dunha superficie de 3.019 metros cadrados. Linda ao norte co predio propiedade de Manuel Canosa; ao sur co predio propiedade de Promotora Urbanística Las Rías, S.A.; ao leste co predio propiedade de Purificación Teijido Gestal e ao oeste co predio propiedade de Carmen García Teijido. Predio catastral nº 15900A011003600000YR.

18.785,00

0,00

18.785,00

100

36

100 % do pleno dominio con carácter privativo por título de compra da vivenda sita en andar primeiro, letra C, da escaleira cinco, do bloque dous, do Complexo Residencial denominado Panificadora, sito en Villajoyosa, Alacant. Ten o seu acceso pola rúa Sella, a través da escaleira número cinco do edificio. Ten unha superficie construída aproximada de 57,95 m2, incluída terraza cuberta, máis 6,70 m2 da terraza descuberta. Predio nº 37870 Rexistro da Propiedade de Villajoyosa nº 2.

81.172,00

36.696,00

44.476,00

100

37

Vehículo Citroën Xsara Picasso bastidor VF7CH9HXC25892542, matrícula 6343FGF.

3.388,00

1.661,54

1.726,46

50

De conformidade co disposto no artigo 101 do Real decreto 939/2005, do 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación, faise constar que:

a) Están ao dispor dos interesados, na Zona de Recaudación da Coruña, onde poden ser examinados ata o día anterior ao da poxa, os expedientes de constrinximento en que constan os títulos de propiedade dos bens ou dereitos poxados e o estado das súas cargas e gravames, cos que se haberá de conformar, sen ter dereito a exixir outros.

b) Cando se trate de bens ou dereitos inscritibles nos rexistros públicos, os licitadores non terán dereito a exixir outros títulos de propiedade que os achegados no expediente; de non estar inscritos os bens ou dereitos no rexistro, o documento público de venda é título mediante o cal se pode efectuar a inmatriculación nos termos previstos na lexislación hipotecaria, e, nos demais casos en que sexa preciso, deberán de proceder, se lles interesa, como dispón o título VI da Lei hipotecaria, para levar a cabo a concordancia entre o rexistro e a realidade xurídica.

c) As cargas e gravames que subsistisen ao crédito dos executantes continuarán subsistindo, e entenderase que o rematante os acepta e queda subrogado nas súas responsabilidades, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

d) No tipo da poxa non se inclúen os impostos indirectos que graven a transmisión dos ditos bens ou dereitos.

e) A obriga de constituír ante a mesa de poxa con anterioridade á súa realización un depósito do 20 % do tipo de poxa. De forma motivada poderá reducirse este depósito ata un mínimo do 10 %. Se os adxudicatarios non satisfán o prezo do remate, o dito depósito aplicarase á cancelación da débeda, sen prexuízo das responsabilidades en que poidan incorrer polos prexuízos que orixine a falta de pagamento do prezo de remate. O depósito deberá constituírse mediante cheque que cumpra os requisitos establecidos no artigo 35.1 do Regulamento xeral de recadación ou por calquera medio que se habilite para o efecto.

f) A poxa suspenderase en calquera momento anterior á adxudicación de bens ou dereitos se se fai o pagamento da contía establecida no artigo 169.1 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

g) O adxudicatario entregará no acto da adxudicación ou dentro dos quince (15) días seguintes a diferenza entre o depósito constituído e o prezo da adxudicación.

h) Admitiranse ofertas en sobre pechado; nese caso a mesa de poxa substituirá os licitadores e poxará por eles na forma prevista para o efecto.

i) Despois de ter lugar a primeira licitación, a mesa poderá acordar que teña lugar unha segunda licitación, logo da deliberación da súa conveniencia. Neste caso admitiranse poxas que cubran o novo tipo, que será o 75 % do tipo de poxa en primeira licitación.

j) De conformidade co disposto no artigo 107 do Regulamento xeral de recadación, se quedasen bens sen adxudicar iniciarase o trámite de adxudicación directa por prazo de seis meses, e poderanse presentar ofertas en sobre pechado a partir dese momento á mesa de poxa.

A mesa de poxa abrirá as ofertas presentadas ao remate do prazo do mes seguinte ao do seu inicio, e poderá proceder á adxudicación dos bens se algunha delas se considera suficiente nese momento. No caso contrario, anunciarase a extensión dun mes máis para a presentación de novas ofertas ou mellora das existentes, sen prexuízo da validez das ofertas presentadas ata ese momento; e así sucesivamente co límite total de seis meses.

A Coruña, 9 de xaneiro de 2015

Julián Benavides Delgado
Recadador da Zona da Coruña