Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Luns, 19 de xaneiro de 2015 Páx. 2768

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a contratación da actualización tecnolóxica das licenzas de monitorización e backup (expediente AB-SER1-15-011).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro s/n, 2ª planta.

3º. Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

4º. Teléfono: 881 54 27 87.

5º. Telefax: 881 54 27 62.

6º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

7º. Data límite de obtención de documentación e información: antes das 14.00 horas do día 4 de febreiro de 2015.

d) Número de expediente: AB-SER1-15-011.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: actualización tecnolóxica das licenzas de monitorización e backup do Servizo Galego de Saúde.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Prazo de execución/entrega: 4 anos desde a súa formalización.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 72200000-7.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e anticipado de gasto.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, de ser o caso:

Concepto

Puntuación máxima

– Criterios non valorables de forma automática (sobre B)

50 puntos

Oferta técnica

30 puntos

Características da solución de backup proposta

20 puntos

Características da solución de monitorización proposta

10 puntos

Plan de traballo

20 puntos

Procedemento de actualización-migración backup

12 puntos

Procedemento de actualización-migración monitorización

8 puntos

– Criterios valorables de forma automática (sobre C)

50 puntos

Oferta económica

40 puntos

Monitorización da experiencia de usuario

10 puntos

4. Valor estimado do contrato: 612.200 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 489.800 euros. Importe total: 592.658 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non. Definitiva: 5 (%) do importe de adxudicación, excluído o imposto sobre o valor engadido.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación, de ser o caso (grupo, subgrupo e categoría): grupo V, subgrupo 2 e categoría A.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, de ser o caso: ver cláusulas 5.3.1. f) e g) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 4 de febreiro de 2015.

Se o último día de presentación de solicitudes coincidir en sábado ou día inhábil, na localidade establecida na cláusula 5.2. do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro s/n.

3º. Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Admisión de variantes, se procede: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 3 meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Enderezo: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro s/n.

b) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: a apertura do sobre B terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, ás 9.00 horas a.m. do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao de finalización da presentación das ofertas. No caso de que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

A apertura do sobre C publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: si, por conta de/dos adxudicatario/s.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 30 de decembro de 2014.

12. Outras informacións: cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Galicia 2007-2013.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2014

Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos