Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Luns, 19 de xaneiro de 2015 Páx. 2713

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 11 de decembro de 2014, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, no que se fai pública a decisión de non someter a modificación puntual do Plan especial de infraestruturas para a instalación de servizo de tanatorio, concello de Betanzos, ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica.

Faise pública a decisión do 10 de decembro de 2014 de non someter a modificación puntual do Plan especial de infraestruturas para a instalación de servizo de tanatorio, concello de Betanzos, ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica previsto na Lei 9/2006, do 28 de abril, sobre avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente, en cumprimento do disposto no artigo 4 da devandita lei.

Esta decisión pódese consultar no seguinte enderezo da internet:

http://www.cmati.xunta.es/busca-por-palabra-clave, introducindo o código: 1675/2014.

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2014

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental