Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Venres, 16 de xaneiro de 2015 Páx. 2499

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a formalización da contratación da obra de construción dun centro de saúde en Oia (Pontevedra), cofinanciada ao 80 % polo programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 6, tema prioritario 76 (expediente AB-SER3-14-006).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: AB-SER3-14-006.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: obra.

b) Descrición: contratación da obra de construción dun centro de saúde en Oia (Pontevedra), cofinanciada ao 80 % polo programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 6, tema prioritario 76.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 45215100.

d) Medio e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 87, do 8 de maio de 2014, na web do Servizo Galego de Saúde e na plataforma de contratos de Galicia o 8.5.2014.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto e non suxeito a regulación harmonizada.

4. Valor estimado do contrato: 923.275,32 euros.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 923.275,32 euros. IVE (%): 21 %. Importe total: 1.117.163,14 euros.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 11.12.2014.

b) Data de formalización do contrato: 16.12.2014.

c) Contratista: Obras y Servicios Gómez Crespo, S.L.

d) Importe ou canon de adxudicación. Importe neto: 828.270,29 euros. IVE (%): 21 %. Importe total: 1.002.207,05 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta do adxudicatario foi seleccionada como a economicamente máis vantaxosa, mediante a aplicación dos criterios que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares. Poden verse os informes de valoración publicados no perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2014

Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos