Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Venres, 16 de xaneiro de 2015 Páx. 2495

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 2014, da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, pola que se fai pública a formalización do contrato da subministración sucesiva dos reactivos e de arrendamento sen opción de compra de equipamentos para a determinación da carga viral dos virus VHB, VHC, VIH e CMV (expediente MS-ASF1-14-005).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Subministracións.

c) Número de expediente: MS-ASF1-14-005.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministracións.

b) Descrición: subministración sucesiva dos reactivos e arrendamento sen opción de compra de equipamentos para a determinación da carga viral dos virus VHB, VHC, VIH e CMV.

c) Lotes (de ser o caso): lote único.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 33696500-0 e 38434520-7.

e) Acordo marco (se procede): si.

f) Sistema dinámico de adquisicións (se procede): non.

g) Boletíns ou diarios oficiais e datas de publicación dos anuncios de licitación:

– DOUE 2014/S 107-187977, do 5 de xuño de 2014.

– BOE núm. 155, do 26 de xuño de 2014.

– DOG núm. 115, do 18 de xuño de 2014.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 434.422,22 euros.

5. Orzamento base de licitación:

– Importe neto: 241.345,68 euros.

– Importe total: 266.138,40 euros.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 13 de novembro de 2014.

b) Data de formalización do contrato: 16 de decembro de 2014.

c) Contratista: Roche Diagnostics, S.L.

d) Importe ou canon de adxudicación:

– Importe adxudicado sen IVE: 197.746,81 euros.

– Importe adxudicado con IVE: 217.731,13 euros.

Ferrol, 16 de decembro de 2014

Ángel Facio Villanueva
Xerente de Xestión Integrada de Ferrol