Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Xoves, 15 de xaneiro de 2015 Páx. 2181

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (226/2014).

Execución de títulos xudiciais 226/2014

Procedemento de orixe: despedimento/cesamentos en xeral 308/2014

Sobre: despedimento

Demandante: Cristina Mariño Noya

Avogado: Miguel Ángel Nouche Ferreira

Demandado: Servanza, S.L.

Ana Mª Navarro Gómez, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, por substitución regulamentaria, fago saber:

Que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 226/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Cristina Mariño Noya contra a empresa Servanza, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou decreto en data 22 de decembro de 2014, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Parte dispositiva do decreto

«Parte dispositiva

Acordo:

a) Declarar o/os executado/s Servanza, S.L. en situación de insolvencia total por importe de 5.244,60 euros en concepto de principal, máis 524,64 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se a partir deste momento se coñecen novos bens do executado.

c) Proceder á súa inscrición no rexistro correspondente.

d) Levar o orixinal ao libro de decretos, deixando testemuño nas presentes actuacións.

Notifíqueselles ás partes e a Servanza, S.L. por medio de edictos que se publicarán no DOG, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que deberá interporse ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3 aberta no Banco Santander, conta número 5076 0000 64 0226 14. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá ingresarse na conta número 000493569920005001274 e no campo “concepto” deberá indicar o número de conta “5076 0000 64 0226 14”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, con indicación no campo de observacións da data da resolución contra a que se recorre utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina a súa señoría. Dou fe.

A secretaria xudicial»

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que lle sirva de notificación a Servanza, S.L., expido o presente.

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2014

A secretaria xudicial