Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Xoves, 15 de xaneiro de 2015 Páx. 2219

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 17 de decembro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a resolución da procedencia de reintegro da axuda do Programa para a promoción do emprego autónomo, regulada na Orde do 30 de decembro de 2008 (Diario Oficial de Galicia número 10, do 15 de xaneiro), relativa ao expediente TR341D 2009/657-1.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, en virtude do disposto nos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Ley 4/1999, do 13 de xaneiro, ao seren devoltas polo servizo de Correos as notificacións enviadas no seu día das citadas resolucións, requírense as persoas citadas no anexo para que, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, comparezan persoalmente ou debidamente representadas, no Servizo de Traballo e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar da Coruña (rúa Salvador de Madariaga, 9-1º), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para teren coñecemento do contido daquelas, advertíndoas de que, de non facelo así, se considerarán notificadas cos efectos que correspondan.

Así mesmo, fáieselles saber o dereito que as asiste para interpoñeren recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación dista cédula no Diario Oficial de Galicia, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, poderán interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante a Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar na Coruña. Todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1988, do 13 de xuño, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Coruña, 17 de decembro de 2014

María Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: TR 341D 2009/657-1.

Nome: Juan Vicente Lata Navarrete.

Último enderezo coñecido: estrada de Castela, 734, 3º D, 15470 Ferrol (A Coruña).

Feito imputado: incumprimento de obrigas.

Precepto infrinxido: o artigo 16.1.a) da Orde do 30 de decembro de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa para a promoción do emprego autónomo, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2009.

Contido da resolución: acordo da procedencia do reintegro da axuda.