Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Xoves, 15 de xaneiro de 2015 Páx. 2205

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 2014, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se se ordena a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do depósito dos estatutos da Asociación Unión de Traballadores Autónomos do Transporte, o Mar e as Comunicacións de Galicia (Uniatramc-Galicia).

En cumprimento do disposto no artigo 4.2 do Decreto 406/2009, do 22 de outubro, polo que se crea o Rexistro de Asociacións Profesionais de Traballadores Autónomos da Comunidade Autónoma de Galicia, faise público que no Servizo do Traballo Autónomo e Apoio ás Persoas Emprendedoras da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social están depositados os estatutos da Asociación Unión de Traballadores Autónomos do Transporte, o Mar e as Comunicacións de Galicia (Uniatramc-Galicia), da que se fan as seguintes indicacións:

Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Especialidade subxectiva e de obxectivos: representar, defender e coordinar os dereitos e os intereses dos seus membros.

Ámbito funcional: poderán ser integrantes da asociación todos aqueles traballadores autónomos dedicados aos sectores das actividades do transporte, do mar ou as comunicacións.

Asinantes da acta de constitución: Emilio Bahamonde López, Cándido Rodríguez Graña, Genoveva Maneiro Otero, José Antonio Fernández García, Manuel Maneiro Castro e Martín Manuel Martínez Figueiro.

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2014

Carmen Bouso Montero
Directora xeral de Traballo e Economía Social