Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Xoves, 15 de xaneiro de 2015 Páx. 2155

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 9 de xaneiro de 2015 pola que se nomean os membros do tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados.

Unha vez convocado o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados, pola Orde da Consellería de Facenda do 9 de maio de 2014, publicada no Diario Oficial de Galicia número 96, do 21 de maio, e de conformidade co establecido nas bases da convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados.

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2015

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda

ANEXO
Corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1,
escala de letrados

Tribunal titular:

Presidencia:

María Isabel Novo Castro, funcionaria pertencente ao corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, escala de letrados.

Secretaría:

Guillermo González Tato, funcionario pertencente ao corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, escala de letrados.

Vogais:

María Dolores Rivera Frade, maxistrada do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

María Isabel Rossell López, funcionaria pertencente ao corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, escala superior de finanzas.

Luis Míguez Macho, pertencente ao corpo de profesores titulares de universidade, titular de dereito administrativo da Universidade de Santiago de Compostela.

Tribunal suplente:

Presidencia:

Lorena Otero López, funcionaria pertencente ao corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, escala de letrados.

Secretaría:

Ana González de Vicente, funcionaria pertencente ao corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, escala de letrados.

Vogais:

Fernando Fernández Leiceaga, maxistrado do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Juan José González Acevedo, funcionario pertencente ao corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, escala superior de finanzas.

Isabel Espín Alba, pertencente ao corpo de profesores titulares de universidade, titular de dereito civil da Universidade de Santiago de Compostela.