1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.
c) Número de expediente: 17/2015.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: servizo de desenvolvemento de sistemas de análise de referencia para a configuración da arquitectura corporativa de cadros de mando da Xunta de Galicia, e dinamización da plataforma de cadro de mando.
b) División por lotes e número: non.
c) Prazo e lugar de entrega: o prazo de execución para a prestación do servizo obxecto deste contrato será de oito (8) meses contados a partir da data de formalización do contrato.
d) Admisión de prórroga: si.
3. Tramitación e procedemento de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria, documentalmente simplificada.
b) Procedemento: aberto.
4. Orzamento de licitación: o orzamento máximo autorizado é de 336.000,00 € máis 70.560,00 € en concepto de IVE (21 %), o que supón un total de 406.560,00 €.
5. Garantía provisional: non se exixe.
6. Obtención da documentación e da información.
a) Entidade: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
b) Enderezo: Monte Gaiás, s/n.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
d) Teléfono: 981 54 52 86.
e) Fax: 981 54 52 74.
f) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21881
g) Data límite de obtención de documentos e da información: ata o último día do prazo de presentación das proposicións.
7. Requisitos específicos do contratista.
a) Solvencia e clasificación: véxase a epígrafe N) do prego de cláusulas administrativas particulares.
8. Presentación de ofertas.
a) Data límite de presentación: o prazo de admisión de proposicións rematará o día 17 de febreiro de 2015, de acordo o establecido no artigo 159 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.
b) Documentación que deberá presentarse: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación:
1º Entidade: Rexistro da Amtega.
2º Dirección: Edificio Cinc, Monte Gaiás, s/n.
3º Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
Cando a proposición se envíe por correo, deberá cumprirse o establecido no punto 11 das disposicións xerais do prego de cláusulas administrativas particulares.
d) Admisión de variantes: non se admiten.
9. Apertura das ofertas.
O lugar, día e hora de apertura da documentación relativa aos sobres B e C indicaranse no perfil do contratante.
10. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados na epígrafe K da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.
11. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.
12. Data de envío ao DOUE: 8 de xaneiro de 2015
Santiago de Compostela, 8 de xaneiro de 2015
Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia