Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Martes, 13 de xaneiro de 2015 Páx. 1740

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

CÉDULA do 16 de decembro de 2014, do Servizo de Infraestruturas de Pontevedra, pola que se fai pública unha relación de notificacións de apertura de expedientes sancionadores 156/14.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), notifícanselles ás persoas que se citan a continuación as notificacións de apertura de expedientes sancionadores instruídos por infraccións da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia (DOG nº 210, do 31 de outubro).

Nº de expediente: 156/14.

Denunciada: Alicia Riveiro Quintáns.

Enderezo: Vilaverde, 11, Barrantes, 36636 Ribadumia (Pontevedra).

Os ditos interesados dispoñen dun prazo de oito días, contados a partir do seguinte día ao da publicación deste edicto para poderen examinar os expedientes no Servizo Provincial de Infraestruturas de Pontevedra da Axencia Galega de Infraestruturas da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (r/ Fernández Ladreda, 43, 1º, Edificio Administrativo, 36003 Pontevedra) e presentar ante o citado servizo as alegacións que considere pertinentes.

Pontevedra, 16 de decembro de 2014

Fausto Núñez Vilar
Xefe do Servizo de Infraestruturas de Pontevedra