Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Martes, 13 de xaneiro de 2015 Páx. 1731

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, pola que se fai pública a formalización do contrato dun servizo consistente no desenvolvemento da estratexia e plan de medios para os produtos do mar, procedemento cofinanciado pola Unión Europea, fondos FEP, nun 75 % (expediente 26/2014).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: desenvolvemento dunha estratexia e plan de medios para os produtos do mar de Galicia, tendo en conta como valor de referencia a calidade para a súa promoción, sensibilización, comercialización e venda de produtos procedentes da pesca, o marisqueo e a acuicultura.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21259

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 192, do 8 de outubro de 2014.

e) División por lotes e número: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: urxente, documentalmente simplificado e aberto.

4. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 205.000,00 €; IVE (21 %): 43.050,00 €; importe total: 248.050,00 €.

Valor estimado: 205.000,00 €.

5. Adxudicación e formalización do contrato.

a) Data da resolución de adxudicación: 26 de novembro de 2014.

b) Adxudicataria: J&J Publicidad y Comunicación, S.L.

c) Importe: 199.029,13 € (sen IVE).

IVE 21 %: 41.796,12 €.

Importe total: 240.825,25 €.

d) Data de formalización do contrato: 27 de novembro de 2014.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta economicamente máis vantaxosa para a Administración (ao ter a oferta económica mellor valorada e obter a maior puntuación no procedemento, tanto na valoración dos criterios valorados de xeito automático como nos dependentes de xuízo de valor).

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2014

Mª Isabel Concheiro Rodríguez Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar