Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Martes, 13 de xaneiro de 2015 Páx. 1714

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Dodro (expediente IN407A 2014/182-1).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE nº 310, do 27 de decembro), e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese á información pública a petición de autorización administrativa previa e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se describe:

Número de expediente: IN407A 2014/182-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: LMT, CT e RBT Susavila.

Situación: concello de Dodro.

Características técnicas:

LMT aérea ao CT Susavila, a 20 kV, cunha lonxitude de 348 m, con orixe no apoio nº 21 existente na LMT PAD-809, tramo entre a derivada ao CT Revixos (expediente 30196) e a derivada ao CT Vigo-Dodro (expediente 50194), condutor tipo LA-56/54,6 mm2, e final no CT Susavila (proxectado).

CT intemperie Susavila, cunha potencia de 100 kVA e unha relación de transformación 20.000/400-230 V.

Liña de baixa tensión aérea do CT Susavila cunha lonxitude de 715 m, con orixe no CT proxectado, conductor tipo RZ.

RBT subterránea do CT Susavila, cunha lonxitude de 532 m, con orixe no apoio nº 1 proxectado, condutor tipo RZ.

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se insire xunto a esta resolución.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa.

Esta publicación faise igualmente para os efectos do artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos terreos propostos sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación, ou ben, intentada a notificación, non se poida realizar, e, deste xeito, dirixir ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan sobre estes, de conformidade co artigo 5 da Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación ou notificación individual.

A Coruña, 10 de decembro de 2014

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO
Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente número: IN407A 2014/182-1. Concello: Dodro. Provincia: A Coruña.

LMT, CT e RBT Susavila.

Nº de predio

Paraxe

Cultivo

Nome e apelidos

Apoio

Afeccións

m2

ml aér.

m2 aér.

 1

Breimande

Prado

Hros. Rosa Pérez Manselle

Repr.: José Buela Baleirón

7

70

 2

Breimande

Prado

Beatriz Romero González

21/1 «xs»

9.0

40

400

 3

Breimande

Labor

Eloy Calvo Pérez e outros

33

330

 4

Breimande

Monte alto

Hros. Manuel González Morales

19

305

 5

Cebolar

Prado

José Pérez Roboira

1

31

 6

Cebolar

Prado

Óscar Cerqueiras Vigo

27

236

 7

Cebolar

Prado

Esther Vigo Romero

5

54

 8

Cebolar

Prado

Indalecio Calvo Pérez

1/2 (21/2)

1.0

28

272

 9

Cebolar

Labor

María Dolores Citoula Romero

0

12

10

Cebolar

Labor

Carlos e Carmen Calvo Pérez

0

23

11

Cebolar

Labor

Saturnino Calvo Susavila

1/2 (21/2)

1.0

18

158

12

Cebolar

Prado

Fernando Calvo Pérez

29

290

13

Cebolar

Prado

Ramón Calvo

25

250

14

Cebolar

Labor

María Calvo Pérez

1/2 (21/3)

1.0

22

220

15

Cebolar

Labor

Ramón Romero Vigo

1/2 (21/3)

1.0

18

180

16

Cebolar

Labor

Inés Romero Carou

Repr.: Ángel Romero Carou

27

252

17

Cebolar

Labor

Jorge Susavila Collazo

2

31

18

Cebolar

Prado

Hros. Ramón González Rodríguez

20

200

19

Fonte
de Campos

Prado

María Isabel Morales López

1/2 (21/4) Centro transf.

4.5

15

150

20

Fonte
de Campos

Labor

Ramón Morales Romero

1/2 (21/4) Centro transf.

4.5

1

10