A aprobación da modificación da relación de postos de traballo do persoal laboral dos servizos periféricos da área de Educación da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria xustifícase polas necesidades organizativas e funcionais da consellería.
En consecuencia, por proposta da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día 26 de decembro de 2014, adoptou o seguinte
ACORDO:
Primeiro. Apróbase a modificación da relación de postos de traballo do persoal laboral dos servizos periféricos da área de Educación da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, nos termos que se sinalan no anexo a este acordo.
Segundo. Ordénase a publicación desta no Diario Oficial de Galicia para os efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.
Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 26 de decembro de 2014, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo do persoal laboral dos servizos periféricos da área de Educación da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda do 8 de xullo de 2013 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (Diario Oficial de Galicia núm. 136, do 18 de xullo), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2014
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública