Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Venres, 9 de xaneiro de 2015 Páx. 1067

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 17 de decembro de 2014 pola que se notifica o acordo de incoación do expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/171/2014-RP1, devolto polo servizo de Correos por resultar o seu destinatario ausente na repartición.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou o 24 de novembro de 2014 incoar o expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/171/2014-RP1 polas obras realizadas en solo rústico sen a preceptiva autorización urbanística autonómica, consistentes na execución dunha edificación de planta baixa, con cuberta a dúas augas, con chapa grecada e de tipoloxía residencial, na parcela 148 do polígono 83 do concello de Outeiro de Rei.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquel acordo a José Enrique Pérez Rodríguez, en calidade de propietario do terreo onde se levan a cabo as ditas obras, mediante a presente cédula e ao amparo do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícase ao interesado o devandito acordo.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, comunícase ao interesado que o texto íntegro do acordo que se notifica encóntrase ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

O interesado dispón dun prazo de 15 días, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación desta cédula, para presentar as alegacións, documentos ou informacións que considere pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios de que pretenda valerse.

Para que conste e sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2014

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística