De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de tentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase a interesada que se sinala no anexo deste anuncio o acordo de inicio dun procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da axuda relativa ao expediente de subvención núm. 12150220/2007 (Orde do 9 de maio de 2007 pola que se establecen as bases e se convocan para o ano 2007 axudas para o fomento das frondosas caducifolias).
A interesada poderá comparecer no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia nas dependencias da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes, situada na rúa San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento do contido íntegro do mencionado acordo de inicio e a constancia de tal coñecemento.
Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da data de finalización deste.
Concédese a interesada un prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ao da notificación do acordo de inicio, para que poida formular alegacións e presentar a documentación que considere conveniente ao seu dereito ante a Consellería do Medio Rural e do Mar.
O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido da interesada, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.
Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2014
Tomás Fernández-Couto Juanas
Secretario xeral de Medio Rural e Montes
ANEXO
Expediente: procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da prima de mantemento do ano 2014 no expediente de subvención núm. 12150220/2007.
Interesada: CMVMC San Cristovo de Abanqueiro.
Acto de notificación: acordo de inicio.
Último enderezo coñecido: lugar do Chazo, 29, 15938 Boiro (A Coruña).