Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 8 de xaneiro de 2015 Páx. 818

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 4 de decembro de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente de dilixencias previas LU-42/2014.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE nº 285, do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, logo de intentada a notificación persoal dúas veces no último domicilio coñecido e ao non ser posible a súa práctica, emprázase a persoa que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe da Sección de Inspeccións e Sancións.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio na sede da Área Provincial do IGVS, en Lugo, edificio administrativo sito na avda. de Ramón Ferreiro, 28, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Lugo, 4 de decembro de 2014

Carlos Vila Pérez
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: DP. LU-42/2014.

Interesado: José Prado Castro.

Último enderezo conocido: Rúa das Leiteiras, 6, polígono do Ceao, Lugo.

Acto de notificación: requirimento de depósito de fianzas.