En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública o expediente polo que N.G. Neumáticos, S.C. solicita licenza de obra e apertura para taller de reparación de automóbiles sito na rúa Noriega Varela, nº 18 baixo, co fin de que todas as persoas que se consideren afectadas dalgún modo pola actividade poidan examinar o proxecto presentado e realizar as observacións que consideren oportunas, presentándoas por escrito no Rexistro Xeral deste concello, no prazo de 20 días desde o día seguinte á inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Ourense, 30 de outubro de 2014
Agustín Fernández Gallego
Alcalde