A Academia de Ciencias Veterinarias de Galicia anuncia a presente convocatoria para a provisión de:
– Catro prazas de académico/a numerario/a asignadas ás seccións de: Zootecnia, Veterinaria de Saúde Pública (dúas) e Veterinaria Legal.
– Seis prazas de académico/a correspondente nacional, asignadas ás distintas seccións da Academia.
Poderá optar a ser elixido/a para as ditas prazas quen reúna os seguintes requisitos:
1º. Ser español/a, con residencia preferente en Galicia.
2º. Estar en posesión do grao de licenciado/a e preferentemente de doutor/a en veterinaria.
As solicitudes para académicos/as numerarios/as deberán estar avaladas por tres académicos/as de número, e nela figurará expresamente a sección a que opta o/a candidato/a.
Os aspirantes a académicos/as correspondentes deberán contar cunha antigüidade mínima de exercicio da profesión de dez anos e con relevante vinculación con algunha das seccións.
As solicitudes faranse mediante instancia dirixida ao presidente da Academia de Ciencias Veterinarias de Galicia, irán acompañadas dun currículum vitae do solicitante, e enviaranse por correo certificado ao apartado de correos nº 2161. 15780, de Santiago de Compostela (A Coruña), no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. A realización da solicitude deberá comunicarse por correo electrónico ao seguinte enderezo: racvg@racvg.com
A selección, nomeamento e toma de posesión dos académicos realizarase segundo o establecido nos estatutos da Academia de Ciencias Veterinarias de Galicia.
Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2014
José Luis Factor Rodríguez
Presidente da Academia de Ciencias Veterinarias de Galicia