1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.
b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo: servizos.
b) Descrición do obxecto: elaboración de sistemas de identificación e control para artes de pesca, almacenamento, custodia e distribución dos sistemas de identificación e control para artes de pesca.
c) División por lotes e número: dous lotes.
Lote 1: elaboración de sistemas de identificación e control para artes de pesca.
Lote 2: almacenamento, custodia e distribución dos sistemas de identificación e control para artes de pesca.
d) Prazo de execución: desde o día seguinte ao da sinatura do contrato e ata o 31 de outubro de 2015.
e) Admisión de prórroga: non.
f) CPV: 79824000-6, 63120000-6, 64122000-2.
3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto.
Criterios de adxudicación: de xuízo de valor e de aplicación de fórmulas, recollidos na letra N do prego de cláusulas administrativas particulares.
4. Orzamento de licitación.
Importe neto: 140.000 €, IVE (21 %): 29.400 €. Importe total: 169.400 €. Valor estimado: 140.000 €.
A distribución por lotes especifícase no prego de cláusulas administrativas particulares.
5. Financiamento: fondos propios e Fondo Europeo de Pesca –FEP–, segundo as porcentaxes recollidas nos pregos.
6. Requisitos específicos do contratista.
a) Clasificación: non se exixe.
b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: segundo o disposto nas letras J e K da carátula.
7. Garantías exixidas: definitiva (5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE).
8. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar. Servizo de Contratación.
b) Enderezo: Edificio Administrativo nº 5, 2º andar, Santiago de Compostela.
c) Teléfonos: 981 54 40 46/981 54 57 44 (consultas administrativas); 981 54 62 61 (consultas técnicas).
d) Telefax: 981 54 40 47.
e) Enderezo electrónico: licitacion.medioruralemar@xunta.es.
f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, agás sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.
Tamén poderán obterse os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21765.
9. Presentación das ofertas.
a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e rematará aos quince (15) días naturais, a non ser que o último día sexa sábado ou inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.
b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, CP 15781). Poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro único. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 40 47).
d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.
10. Apertura das ofertas.
a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar.
b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
c) Datas e horas: a apertura dos sobres B terá lugar, en acto público, ás 12.00 horas do décimo segundo día hábil seguinte ao de finalización do prazo de presentación de ofertas. A apertura dos sobres C terá lugar, en acto público, no lugar, na data e na hora que se comunicará mediante a súa publicación no perfil do contratante e mediante o envío dun fax a cada un dos licitadores.
11. Gastos de publicidade: serán por conta do/s adxudicatario/s.
Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2014
P.A. (Orde do 30.3.2012; DOG núm. 70, do 12 de abril)
María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar