Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 7 de xaneiro de 2015 Páx. 570

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 2014, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, nomeado pola Orde do 16 de abril de 2014 (Diario Oficial de Galicia número 81, do 29 de abril), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do cuarto exercicio do proceso selectivo.

Na sesión que tivo lugar o día 29 de decembro de 2014, o tribunal nomeado pola Orde do 16 de abril de 2014 (DOG núm. 81, do 29 de abril), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, de conformidade co disposto nas bases da convocatoria,

Acordou:

Primeiro. Que de conformidade co disposto na base II.1.1.4 da convocatoria, o cuarto exercicio do proceso selectivo terá lugar os días 13, 14 e 15 de xaneiro de 2015, na sala D do edificio administrativo Pirámide, núm. 8 de San Caetano en Santiago de Compostela a partir das 16.00 horas. O acceso realizarase pola porta posterior do edificio, fronte á estación de autobuses.

Segundo. Consonte o disposto na dita base, convócanse para o 4º exercicio os aspirantes que se indican no anexo no lugar e hora establecidos.

Terceiro. Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal. O chamamento dos aspirantes realizarase de acordo co disposto na base II.2.1 da convocatoria.

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2014

Silvia Alfaya Portela
Presidenta do tribunal

ANEXO

Día 13 de xaneiro de 2015. Sala D, edificio núm. 8, Pirámide, ás 16.00 horas.

Promoción interna:

DNI

Apelidos e nome

35312327J

Rodríguez Díaz, Juan José

Acceso libre:

DNI

Apelidos e nome

46912810D

Leis Mol, Pablo

34893479H

Lozano del Río, Ana

53172075P

Míguez Pastoriza, Clara

Día 14 de xaneiro de 2015. Sala D, edificio núm. 8, Pirámide, ás 16.00 horas.

Acceso libre:

DNI

Apelidos e nome

76866581Y

Pombo Arzúa, José Manuel

45848873Y

Seoane Hernández, Alejandro

44078337X

Solorzano González, Enrique Joaquín

32748889V

Tajes Pérez, José

Día 15 de xaneiro de 2015. Sala D, edificio núm. 8, Pirámide, ás 16.00 horas.

Acceso libre:

DNI

Apelidos e nome

76720415M

Andrade Rodríguez, María Luz

33551616K

Cabado Fernández, Andrea

46901012X

Carro Espada, Raquel