Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Luns, 5 de xaneiro de 2015 Páx. 393

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 9 decembro de 2014, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fai pública a formalización do contrato privado de seguro (póliza) co obxecto de garantir a prestación da asistencia sanitaria no caso de accidente deportivo con ocasión do exercicio da actividade deportiva en idade escolar dentro do programa Xogade, desde o 15 de decembro de 2014 ata o 14 de decembro de 2015, e indemnizacións por perdas anatómicas ou funcionais producidas por idénticas causas.

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Secretaría Xeral para o Deporte.

b) Dependencia que tramitou o expediente: Subdirección Xeral de Xestión Deportiva.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=20694

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato privado de servizos.

b) Descrición do obxecto: contrato privado de seguro (póliza) co obxecto de garantir a prestación da asistencia sanitaria no caso de accidente deportivo con ocasión do exercicio da actividade deportiva en idade escolar dentro do programa Xogade desde o 15 de decembro de 2014 ata o 14 de decembro de 2015, e indemnizacións por perdas anatómicas ou funcionais producidas por idénticas causas.

c) CPV: 6651000-8 Servizo de seguros.

d) Medios de publicación do anuncio de licitación: DOUE do 13 de xuño de 2014;
BOE nº 153, do 24 de xuño de 2014, e DOG nº 126, do 4 de xullo de 2014.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto, suxeito a regulación harmonizada e criterio prezo.

4. Valor estimado: 3.000.000,00 €.

5. Orzamento base de licitación: importe neto: 1.000.000,00 € (exento IVE).

6. Adxudicación e formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 17 de setembro de 2014.

b) Contratista: Segurcaixa Adeslas, S.A. de Seguros y Reaseguros.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: novecentos setenta mil euros (970.000,00 €) (exento de IVE).

e) Data de formalización: 9 de novembro de 2014.

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2014

José Ramón Lete Lasa
Secretario xeral para o Deporte