Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Luns, 5 de xaneiro de 2015 Páx. 334

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 5 de decembro de 2014 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2014.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (DOG nº 136, do 14 de xullo) impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Axencia Galega de Innovación nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2014, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2014

Manuel Antonio Varela Rey
Director da Axencia Galega de Innovación

ANEXO
Convenios de colaboración subscritos pola Axencia Galega de Innovación nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2014

Convenio

Data de sinatura

Importe total do convenio (€)

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e a sociedade Parque Tecnolóxico de Galicia, S.A. para o desenvolvemento de actividades de apoio á internacionalización e de fomento ao acceso a fondos europeos no ano 2014.

30.4.2014

66.645,00

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e o Consorcio Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG) para a avaliación de solicitudes de determinadas liñas de axudas.

12.5.2014

39.697,07

Addenda ao convenio marco de colaboración entre a Xunta de Galicia e Telefónica de España, S.A.U. para o deseño, desenvolvemento e lanzamento dun programa de apoio ao desenvolvemento de iniciativas de emprendemento en Galicia, polo que se establece un programa de incentivos á excelencia emprendedora en materia TIC.

12.5.2014

750.000,00

Acordo entre o Ministerio de Economía e Competitividade, a Comunidade Autónoma de Galicia (Consellería de Economía e Industria) e a Asociación de Investigación Metalúrxica do Noroeste (AIMEN) polo que se modifica o Convenio de colaboración entre o Ministerio de Ciencia e Innovación, a Consellería de Economía e Industria e a Asociación de Investigación Metalúrxica do Noroeste (AIMEN), na selección e execución do proxecto de infraestrutura científica: «Construción do Centro de Aplicacións láser, cofinanciado polo Feder», asinado o día 31 de agosto de 2009.

19.5.2014

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e o Instituto Cultura, Ciencia e Tecnoloxía (ICCT) para o desenvolvemento de actividades de divulgación científica no ano 2014.

7.7.2014

7.000,00

Convenio entre a Axencia Galega de Innovación e a Universidade da Coruña (UDC), para a colaboración no curso de estudos de posgrao de especialista en xestión empresarial da innovación.

10.7.2014

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre o Ministerio de Economía e Competitividade, a Comunidade Autónoma de Galicia e a Asociación de Investigación Metalúrxica do Noroeste (AIMEN), na selección e execución do proxecto de infraestrutura científica: «Equipamento para o procesado láser e caracterización e unión de materiais-Fase I», cofinanciado polo Feder.

14.7.2014

2.482.500,00

Convenio de colaboración entre o Ministerio de Economía e Competitividade, a Comunidade Autónoma de Galicia e a Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Pescados e Mariscos-Centro Nacional de Conservación de Produtos da Pesca (Anfaco-Cecopesca), na selección e execución dos proxectos de infraestruturas científicas: «Construción do Centro de Tecnoloxías Avanzadas de Investigación para a Industria Mariña e Alimentaria» e «Equipamento do Centro de Tecnoloxías Avanzadas de Investigación para a Industria Mariña e Alimentaria», cofinanciado polo Feder.

14.7.2014

8.455.087,28

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e a sociedade Parque Tecnolóxico de Galicia, S.A. para o desenvolvemento de actividades de divulgación científica no ano 2014.

31.7.2014

92.325,00