Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Venres, 2 de xaneiro de 2015 Páx. 190

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2014 pola que se anuncia a licitación, polo trámite ordinario da licitación e anticipado de gasto e polo procedemento aberto documentalmente simplificado con varios criterios de adxudicación, para a contratación non suxeita a regulación harmonizada da execución das obras públicas hidráulicas de clave OH.315.1029 e OH.227.610, cofinanciadas nun 80 % pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

missing image file

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Augas de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: contratación.

c) Tipo de contrato: obra.

d) Obtención de documentación e información.

1º. Lugares de obtención do prego de cláusulas administrativas particulares (que inclúe o cadro de características do contrato), da documentación técnica e da demais información que proceda:

– Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/consultaOrganismo.jsp?N=216

Tamén se terá acceso ao perfil do contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia a través de http://www.xunta.es e desde a Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de ligazóns de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e na páxina web: http://augas.cmati.xunta.es/

– Augas de Galicia na rúa Doutor Maceira, nº 18, 15706 Santiago de Compostela (A Coruña), teléfonos: 981 95 74 01/27, fax: 981 95 74 03/881 99 96 94 e correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.es

– A copistaría Copynino na rúa dos Feáns, nº 19, Santiago de Compostela (A Coruña), teléfono e fax: 981 58 89 38.

2º. Data límite de obtención de documentación e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

2. Obxecto dos contratos.

a) Descrición e lugar de execución: mellora dos bombeos de Esteiro e Sabuqueiro e telexestión, Boiro (A Coruña).

Número de expediente: OH.315.1029.

Orzamento base de licitación: importe neto: 903.812,19 €. Importe total: 1.093.612,75 €.

Prazo de execución (meses): seis.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría e.

b) Descrición e lugar de execución: renovación da condución xeral desde o depósito de San Simón a Vilalba. Vilalba (Lugo).

Número de expediente: OH.227.610.

Orzamento base de licitación: importe neto: 862.425,57 €. Importe total: 1.043.534,94 €.

Prazo de execución (meses): dez.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría e.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria da licitación e anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto con varios criterios de valoración e non suxeito a regulación harmonizada.

c) Criterios de adxudicación: os criterios de valoración enuméranse e detállanse coas súas puntuacións e ponderacións no prego de cláusulas administrativas particulares e no perfil do contratante.

4. Garantías exixidas.

a) Provisional: non se exixe en ningún dos contratos.

b) Definitiva: 5 % do orzamento base de licitación, IVE excluído, para cada un dos contratos.

5. Requisitos específicos do contratista.

– Clasificación: a exixida para cada contrato.

– Solvencia económica e financeira e solvencia técnica: as empresas non españolas de Estados membros da Unión Europea non clasificadas en España deberán acreditar a solvencia nos termos que se expresan na cláusula 6.1.4.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

6. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 2 de febreiro de 2015.

b) Modalidade de presentación: a establecida no prego de cláusulas administrativas particulares. As proposicións axustaranse estritamente aos modelos que se inclúen no citado prego. O procedemento é documentalmente simplificado en relación coa documentación que se vai presentar no sobre A.

c) Lugar de presentación: no rexistro de Augas de Galicia, na rúa Doutor Maceira, nº 18, 15706 Santiago de Compostela (A Coruña) nos días e horas hábiles de oficina (de luns a venres e das 9.00 ás 14.00 horas). Tamén por correo, segundo o disposto no artigo 80.4 do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas; neste caso o licitador deberá anunciar ao órgano de contratación, no mesmo día da imposición na oficina de Correos, mediante telegrama ou fax, a remisión da documentación para concorrer á licitación, así como xustificar a data de imposición do envío.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses, desde a apertura en acto público, segundo se indica no punto seguinte, das ofertas contidas no sobre B.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

7. Apertura das ofertas.

a) Descrición: a apertura, a comprobación e a valoración do sobre A relativo á documentación acreditativa dos requisitos de aptitude para contratar e do sobre B cos elementos da oferta valorables de forma automática mediante a aplicación de fórmulas realizarase conforme o disposto no prego administrativo e na normativa de contratos do sector público.

b) Enderezo, localidade e código postal: Augas de Galicia na rúa Doutor Maceira, nº 18, 15706 Santiago de Compostela (A Coruña).

c) Data e hora: a apertura en acto público do sobre B terá lugar o 12 de febreiro de 2015 ás 9.00 horas.

8. Gastos de publicidade: serán por conta dos licitadores seleccionados para seren adxudicatarios proporcionalmente aos orzamentos de licitación dos contratos.

9. Outras informacións.

– Cofinanciamento da Unión Europea: o obxecto dos contratos indicados no punto 2 anterior están cofinanciados polo Feder nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe prioritario de intervención 3 (ambiente, contorno natural, recursos hídricos e prevención de riscos). En concreto, a obra indicada coa letra a) encádrase no tema prioritario ou medida 46 (tratamento de augas residuais), actuación 3.46.2 (mellora, ampliación e optimización das redes de colectores de saneamento e pluviais existentes, así como de emisarios) e a obra indicada coa letra b) encádrase no tema prioritario ou medida 45 (xestión e distribución de auga potable), actuación 3.45.2 (renovación, mellora, optimización e desenvolvemento de novas infraestruturas de abastecemento tales como presas, pequenos encoros, captacións, depósitos reguladores, estacións de tratamento de augas potables, redes de distribución e sistemas de automatización e control). Unha maneira de facer Europa.

– CPA e CPV (codificación do obxecto do contrato): as indicadas no cadro de características de cada contrato.

– Valor estimado do contrato: coincide co importe neto do orzamento base de licitación.

– Melloras e modificacións previstas: admítense melloras e prevese no contrato a posibilidade da súa eventual modificación á baixa nos termos expresados no prego de cláusulas administrativas particulares.

– Apertura e valoración das ofertas do sobre B: realizarase na data, na hora e no lugar sinalados neste anuncio. No caso de que sexa necesario modificar algún aspecto do acto sinalado, notificarase esta circunstancia aos licitadores presentados e farase pública no perfil do contratante.

– Publicidade de resultados: as datas e os resultados das aperturas dos sobres A e B, así como da adxudicación e formalización do contrato, faranse públicas no perfil do contratante.

– Formalización do contrato: o contrato perfeccionarase coa súa formalización, que se efectuará no prazo previsto no cadro de características.

– Expediente anticipado de gasto: esta contratación está suxeita á condición suspensiva da existencia de crédito adecuado e suficiente para financiar as obrigas que dela derivan no exercicio correspondente.

Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2014

P.D. (Resolución 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Gonzalo Mosqueira Martínez
Director de Augas de Galicia