Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Venres, 2 de xaneiro de 2015 Páx. 213

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO da convocatoria do proceso selectivo para cubrir tres prazas de Policía Local.

No BOP da Coruña número 234, do 5 de decembro de 2014, publicáronse as bases específicas que regulan a convocatoria para cubrir tres prazas de funcionarios de carreira, pertencentes á escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase policía local, subgrupo C1, polo sistema selectivo de oposición libre. Esta convocatoria específica desenvolve as bases xerais para a provisión de prazas vacantes convocadas polo Concello de Oleiros para o ano 2010, publicadas no BOP da Coruña número 72, do 20 de abril de 2010, e a súa modificación no BOP numero 113, do 17 de xuño de 2010. O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais contados desde o día seguinte ao da dita publicación, do anuncio desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado. Despois da publicación, os sucesivos anuncios relativos á convocatoria publicaranse no BOP da Coruña e no taboleiro de anuncios do Concello.

Oleiros, 5 de decembro de 2014

Margarita Figueroa Vázquez
Segunda tenente de alcalde delegada de Persoal