Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Venres, 2 de xaneiro de 2015 Páx. 187

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 12 de decembro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución do expediente PSC-CO-0307/2014-ORS e cinco máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do expediente PSC-CO-0307/2014-ORS e cinco máis.

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas da sede da Xefatura de Coordinación da Área do Mar da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2-5º, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Este anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido da persoa interesada en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderá a persoa interesada interpoñer recurso de alzada, ante a conselleira do Medio Rural e do Mar, no prazo dun mes, contado o dito prazo a partir do día seguinte ao da última publicación deste anuncio, de conformidade co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sen prexuízo de que poida exercer calquera outro recurso que xulgue pertinente.

A Coruña, 12 de decembro de 2014

Antonio Manuel Aguión Fernández
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: PSC-CO-0307/2014-ORS.

Persoa interesada: Carolina Chouciño Dasende.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: Gran Vía, baixo, nº 9 (Edif. Cedro), Carballo.

Expediente: PSC-CO-0308/2014-PPM.

Persoa interesada: Jaime Caño García.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: Os Valados, 6, Breixo, Oleiros.

Expediente: PSC-CO-0309/2014-PPM.

Persoa interesada: Samuel Lumbras Campos.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: Camiño da Igrexa, 2 bl. 3-4º A, A Coruña.

Expediente: PSC-CO-0310/2014-PPM.

Persoa interesada: Alejandro Varela Álvarez.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: avenida Isaac Díaz Pardo, 85, Santa Cruz, Oleiros.

Expediente: PSC-CO-0212/2014-PPM.

Persoa interesada: Juan J. Papín Estévez.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: r/ Juan Flórez, 104, ptal. A-entlo., Fisterra.

Expediente: PSC-CO-0632/2014-COP.

Persoa interesada: Agustín Suárez Gómez.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: Valle Inclán, 10, Laxe.